ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

2.1. URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36008.AM.CAN.2.GF002.F0007

  • Título 2.1. URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE

  • Data(s) 1934 - 2009 (Creación) 1934 - (Produción) - 2009 (Produción)

  • Volume e soporte 2123 unidades de instalación; 24661 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cangas(1836-2015) O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña e o Océano Atlántico. No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar. No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas. Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas. Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación. Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio. De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cangas

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF002.
    Función F0007
    2.1. URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    
    Densenvólvese nas seguintes1º Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0792.1.1.Planeamento urbanístico
    SF0802.1.2Xestión urbanística
    SF0812.1.3Información do territorio
    SF0822.1.4.Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    SF0832.1.5.Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    SF0842.1.5.1.Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    SF0852.1.52.Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    SF0862.1.6.Regulación das obras de particulares e de terceiros
    SF0872.1.6.1.Licenzas e comunicacións urbanísticas
    SF0882.1.6.2.Ordenes de execución
    SF0892.1.6.3.Declaracións de ruína
    SF0902.1.6.4.Protección da legalidade urbanística
    SF0912.1.6.5.Promoción da rehabilitación de vivendas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cangas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición