ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.827
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.1.3. Información do territorio

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF002.F0007.SF081

  • Título 2.1.3. Información do territorio

  • Data(s) 1894-2018 (Creación)

  • Volume e soporte 43 unidades de instalación; 160 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF081.
    2.1.3Información do territorio
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0629SF081Información e certificación urbanística
    S0630SF081Recursos fotográficos e cartográficos municipais
    S0631SF081Censo de vivendas
    S0632SF081Libro rexistro de soares
    S0633SF081Libro rexistro de rueiros
    S0634SF081Consulta ou queixa urbanística
    S0635SF081Sinalado de aliñación e rasante
    S0636SF081Certificado catastral
    S0637SF081Numeración de vías públicas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición