ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF002.F0009

  • Título 2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA

  • Data(s) 1852-2018 (Creación)

  • Volume e soporte 121 unidades de instalación; 606 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF002.
    Función F0009
    2.3. ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    
    Densenvólvese nas seguintes1º Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0992.3.1.Abasto alimenticio
    SF1002.3.2Regulación da actividade agrícola
    SF1012.3.3.Regulación da actividade gandeira
    SF1022.3.4.Regulación da actividade pesqueira
    SF1032.3.5.Regulación da actividade forestal
    SF1042.3.6.Regulación da actividade industrial
    SF1052.3.7.Regulación da actividade turística
    SF1062.3.8.Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    SF1072.3.9.Fomento do traballo e o emprego
    SF1082.3.10.Información e defensa do consumidor
    SF1092.3.11.Control e xestión do transporte

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición