Fondos
1.1.1. Formación e termo municipal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36053.AM.SOU.2..GF001.F0001.SF001
Título 1.1.1. Formación e termo municipal
Data(s) 1887-2000 (Creación)
Volume e soporte 3 unidades de instalación; 6 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Soutomaior(1836-) Soutomaior é un pequeno concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes. Pertencía este territorio á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago. A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas. No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día.
Institución arquivística Arquivo municipal de Soutomaior
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0001 Subfunción SF001. 1.1.1. Formación e termo municipal Densenvólvese nas seguintes series: S0001SF001Expediente de cambios de capitalidade municipal S0002SF001Expediente de cambios de denominación municipal S0003SF001Expediente de deslinde de termos municipais S0004SF001Expediente de fusión de municipios S0005SF001Expediente de incorporación de termos municipais S0006SF001Expediente de segregación de termos municipais S0007SF001Inscrición no Rexistro de entidades locais S1057 SF001 Expediente de división do termo municipal
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Soutomaior (Tema) (Creador)