Fondos
ES.GA.36023.AM.GUA.2. CONCELLO DA GUARDA (FUNCIONAL)
CONCELLO DA GUARDA (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2
Título CONCELLO DA GUARDA (FUNCIONAL)
Data(s) 1624-2018 (Creación) 1834 - (Produción) - 1998 (Produción)
Volume e soporte 5826 unidades de instalación; 32634 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.
Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda
Historia arquivística A casa do concello, perfectamente integrada no casco urbano da vila, é unha edificación alongada, con muros de pedra irregular e de labra, remozada toda ela recentemente e distribuída en dúas plantas cun parcial aproveitamento do soto. A súa distribución interior reservaba dúas áreas e varios espacios para ó arquivo municipal, pendente dunha localización centralizada e suficiente. Na actualidade ocupa o arquivo dúas pequenas salas no soto do edificio, unidas por unha zona común, cun total de vintecinco metros cadrados; foron no seu día dotadas de axeitadas condicións de habitabilidade e equipamentos suficientes que inclúen estantería metálica, mesa de consulta e aparato deshumidificador. Ante a manifesta insuficiencia espacial procedeuse á habilitación, inicialmente con carácter provisional, dun novo local de arquivo, logo da supresión do que, provisionalmente, se viña utilizando na planta baixa. Elixiuse para esto un local fóra da casa do concello -unha ampla sala rectangular na primeira planta da casa de cultura- que inicialmente comparte co depósito de fondos e materiais do Museo do Mar. Este novo local foi dotado en diferentes fases de estantería metálica e ficheiro. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local nos anos 1989, 1990, 1992, 1995, 1999, 2003, 2007, 2009 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC (Miguel Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo), leváronos a cabo: Juan Carlos Carballal Lata Antonio Iglesias Pena José Martínez Crespo María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Jaime Moiño Vaamonde Daniel Menéndez Rodríguez Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Luis Bustelo Rodríguez Roberto Rodríguez Álvarez Cristina Vilar Misa Alberto Aramburu García-Pintos Mónica Núñez Carro Iria Chaves Moledo Jacobo Domínguez Pedreira Miguel Martínez Puig Lara María Moldes González Aída María Pérez Martínez Javier López Sáez Alia Vázquez Martínez (Plan de práctica laboral en concellos 2017) Alberto Moital Cerviño (Plan de práctica laboral en concellos 2018, dende 1 xuño 2018 ata 31 maio 2019)
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Neste conxunto documental destacan pola súa rara conservación na provincia os libros de actas, con descontinuidade: faltan entre outras máis puntuais de 1632 a 1702 e de 1806 a 1843, así como as de 1939 a 1940 e de 1944 a 1948. A maior parte da documentación refírese á xestión e control presupostario dende 1848. Destacan tamén a conservación dos libros rexistro de nacementos, defuncións e matrimonios dende 1841 a 1870, data de creación do rexistro civil que asume esta función; ou os expedientes de quintas e milicias dende 1818 e de obras pías e beneficencia con testemuños dende 1754. Outros máis escasos e singulares refírense á prensa local, ás contribucións e repartimentos e ó clero.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
1ª División de función-subfunción GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais GF001.F0005 PATRIMONIO GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF084 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal da Guarda exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. Faltan 41 unidades de instalación: desde 5.637 a 5.678, ambas inclusive
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración local España Galicia Pontevedra Guarda, A
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Guarda, A
Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)