ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

3.1. POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF003.F0010

  • Título 3.1. POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS

  • Data(s) 1805-2006 (Creación)

  • Volume e soporte 201 unidades de instalación; 365 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF003.
    Función F0010
    3.1. POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    
    Densenvólvese nas seguintes1º Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF110 3.1.1.Rexistros de poboación
    SF111 3.1.2.Estatísticas e censos de poboación
    SF112 3.1.3.Procesos electorais
    SF113 3.1.4.Xestión dos servizos militares

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición