Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.42.. MANUEL QUIROGA LOSADA
MANUEL QUIROGA LOSADA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.42.
Título MANUEL QUIROGA LOSADA
Data(s) 1788 - 1971-00-00 (Produción)
Volume e soporte Trinta e dúas caixas de arquivo e once discos de baquelita
Área de contexto
Nome do produtor Manuel Quiroga Losada(1892-1961) O violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada (1892-1961) foi un dos personaxes de maior repercusión nacional e mesmo internacional que deu a Boa Vila. Á súa faceta como intérprete e compositor musical hai que engadir a habilidade como pintor e caricaturista. Neno prodixio no manexo do violín, iniciou os seus estudos musicais en Madrid, pasando logo a ingresar no Conservatorio de París en 1909, centro onde era realmente difícil entrar. Casado coa pianista e compañeira de interpretación Marta Leman, alcanzou fama internacional, dando concertos por todo o mundo e relacionándose cos máis prestixiosos músicos do momento. Un desgraciado accidente retirouno dos escenarios cando estaba no momento máis brillante da súa carreira musical
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística O arquivo mantívose en mans da familia ata o seu ingreso no Museo. Na súa ordenación e catalogación interviron Fernando Otero Urtaza, Mª Jesús Fortes Alén e, por último, adaptando a catalogación das partituras ás regras do Ministerio de Cultura, Estrella Omil Ignacio. A catalogación dos discos correu a cargo de Ángela Comesaña Martínez
Forma do ingreso O arquitecto Emilio Quiroga foi o herdeiro de todo o arquivo do seu irmán. Como patrono do Museo, fixo doazón de todos os materiais no ano 1972
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O contido desta colección é moi variado. Nel atópanse gran número de partituras, tanto da biblioteca musical de Manuel Quiroga coma os borradores orixinais das súas propias composicións, os discos das interpretacións propias, os dosieres coa información das xiras, a correspondencia, etc
Valoración, selección e eliminación Non se fixo ningún expurgo
Novos ingresos Non se produciron
Organizació
1.DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL 1.1.CORRESPONDENCIA 1.2.TÍTULOS E DIPLOMAS 1.3.TESTAMENTO 2.DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN 2.1.CONTRATOS 2.2.PREMIOS, HOMENAXES E DEDICATORIAS 2.3.INSTRUMENTOS 3.COLECCIÓNS FACTICIAS 3.1.PARTITURAS 3.1.1.Partituras propias 3.1.1.1.Impresas 3.1.1.1.Orixinais manuscritos 3.1.2.Partituras de outros autores 3.2. ÁLBUMES DAS SÚAS XIRAS 3.3.RECORTES DE PRENSA E REVISTAS 3.4.FOTOGRAFÍAS 3.5.DISCOS 3.6.CARTEIS E PROGRAMAS DE CONCERTO
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre
Condicións de reprodución Libre agás os discos e materiais en mal estado ou encadernados
Instrumentos de descrición Catálogo en papel inédito das partituras, inventario do resto da documentación e catálogo dos discos publicado
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñecen outros documentos fóra do Museo
Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Manuel Quiroga Losada (Tema) (Creador)