ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CASTO SAMPEDRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46

  • Título CASTO SAMPEDRO

  • Data(s) 1159-1937 (Produción)

  • Volume e soporte Sesenta e oito caixas de arquivo en soporte de papel e pergamiño

Área de contexto

  • Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística O arquivo de D. Casto Sampedro ocupou ata despois da súa morte en 1937 unha boa parte do seu despacho na casa que tiña entre os xardíns que hoxe levan o seu nome e a capela da Peregrina. Na actualidade está totalmente custodiado nas dependencias do Museo. Inda que se contaba cunha relación antiga do fondo, a ordenación e descrición dos materiais dos que se compón fíxose en varias etapas. D. José Filgueira Valverde ocupouse da descrición da documentacón relativa ó Gremio de Mareantes, tratada conxuntamente a reunida por D. Casto Sampedro e a procedente do propio gremio. A bolseira Mª Jesús Miramontes catalogou toda a documentación medieval e, por último, a tamén boLseira Mª Jesús Fortes fixo un inventario xeral de toda a colección.

  • Forma do ingreso As primeiras pezas chegadas ó Museo foron depósitos feitos polo propio Sampedro tras a fundación da institución en 1927. En 1943 compróuselles a totalidade do seu arquivo ós seus herdeiros.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo de D. Casto Sampedro contén por un lado instrumentos orixinais dende o século XII de tipoloxía e temática moi diversa; privilexios reais, executorias de nobreza, protocolos notariais, etc. Doutra banda inclúe as notas do propio Sampedro e os seus colaboradores sobre aspectos relacionados coa historia e a arte de Pontevedra en particular e de Galicia en xeral.

  • Valoración, selección e eliminación Non se procedeu a expurgo ningún de materiais.

  • Novos ingresos Dende a súa compra non se produciron novos ingresos

  • Organizació

    1. DOCUMENTOS RECOLLIDOS POLA SOCIEDADE ARQUEOLÓXICA
     1.1. DOCUMENTOS REAIS E DE GOBERNO
     1.1.1. Privilexios Reais
     1.1.2. Cartas, Reais Provisións e Albalaes
     1.2. DOCUMENTOS ECLESIÁSTICOS
     1.2.1. Bulas e Documentos Papais
     1.2.2. Documentos Arcebispais
     1.3. ADMINISTRACIÓN LOCAL. CONCELLOS
     1.3.1. Libros de Actas
     1.3.2. Bandos, Ordenanzas e Provisións
     1.3.3. Festividades e Celebracións
     1.3.4. Portas e Murallas da Vila
     1.3.5. Cátedras e Estudios
     1.3.6. Defensa
     1.3.7. Nomeamentos de cargos
     1.3.8. Impostos e rendas Municipais
     1.3.9. Oficios e correspondencia
     1.4. PROTOCOLOS NOTARIAIS
     1.4.1. Protocolos Notariais de Pontevedra
     1.4.2. Protocolos Notariais de Redondela
     1.5. PREITOS E DOCUMENTOS XUDICIAIS
     1.6. DOCUMENTOS DE PERSOAS E FAMILIAS
     1.6.1. Árbores Xenealóxicas e Historias Familiares
     1.6.2. Executorias e Informacións de Nobreza
     1.6.3. Documentación Persoal
     1.6.4. Documentación de Propiedade
     1.6.4.1. Doc. Constitutiva de Propiedade e Transmisión de Bens
     1.6.4.1.1.Vendas
     1.6.4.1.2.Testamentos e Partillas
     1.6.4.1.3.Cesións, traspasos e doazóns
     1.6.4.1.4.Inventarios de bens
     1.6.4.2. Documentación de Administración da Propiedade
     1.6.4.2.1.Foros e arrendamentos
     1.6.4.2.2.Apeos e prorrateos
     1.6.4.2.3.Concordias
     1.7. IGREXAS, MOSTEIROS E CONVENTOS
     1.7.1. Igrexas, Mosteiros e Conventos de Pontevedra
     1.7.1.1. San Bartolomé O Vello e Colexio da Compañía
     1.7.1.2. Convento de Santo Domingo
     1.7.1.3. Convento de Santa Clara
     1.7.1.4. Convento de San Francisco
     1.7.1.5. Santa María do Camiño
     1.7.1.6. San Xoan de Deus
     1.7.1.7. San Xoan de Poio
     1.7.1.8. San Salvador de Lérez
     1.7.2. Igrexas, Mosteiros e Conventos de outros concellos
     1.7.2.1. Baiona
     1.7.2.2. Carballiño
     1.7.2.3. Cuntis
     1.7.2.4. Celanova
     1.7.2.5. Crecente
     1.7.2.6. Chantada
     1.7.2.7. Ferreira de Pallarés
     1.7.2.8. Lugo
     1.7.2.9. Melón
     1.7.2.10.Muxía
     1.7.2.11.Oia
     1.7.2.12.Padrón
     1.7.2.13.Pontedeume
     1.7.2.14.Redondela
     1.7.2.15.Samos
     1.7.2.16.Santiago de Compostela
     1.7.2.17.Sanxenxo
     1.7.2.18.Sarria
     1.7.2.19.Tui
    
     1.8. GREMIOS E CONFRARÍAS DE PONTEVEDRA
     1.8.1. Gremio de Mareantes
     1.8.1.1. Privilexios
     1.8.1.2. Ordenanzas
     1.8.1.3. Preitos
     1.8.1.4. Acordos e obrigas
     1.8.1.5. Documentos económicos
     1.8.1.6. Obras de Santa María
     1.8.10. Confraría de San Xoan (Pedreiros e Calafates)
     1.8.11. Confraría da Virxen Blanca (Escribáns)
     1.8.12. Confraría de San Bartolomé (Nobres)
     1.8.13. Confraría da Misericordia
     1.8.2. Confrafía de San Miguel
     1.8.3. Confrafía do Espíritu Santo (Toneleiros)
     1.8.4. Confraría de San Mauro (Forneiros)
     1.8.5. Confraría de San Xulián (Obra Prima)
     1.8.6. Confrafía de San Sebastián
     1.8.7. Confrafía de San Antonio Abade (Alquiladores)
     1.8.8. Confraría de San Nicolás (Ferreiros)
     1.8.9. Confraría de Santa Catalina (Sastres)
    
    2. ESTUDOS DA SOCIEDADE ARQUEOLÓXICA
     2.1. HERÁLDICA E XENEALOXÍA
     2.1.1. Árbores Xenealóxicos
     2.1.2. Estudos Biográficos
     2.2. ARQUEOLOXÍA
     2.2.1. Petroglifos
     2.2.2. Vías Romanas. Aras, estelas e miliarios
     2.3. HISTORIA E ARTE
     2.3.1. Concello de Pontevedra
     2.3.1.1. Igrexas e Mosteiros
     2.3.1.2. Casa e urbanismo
     2.3.2. Provincia de Pontevedra
     2.3.2.1. Concello de Redondela
     2.4. GUERRA DA INDEPENDENCIA
     2.5. EXPOSICIÓN REXIONAL GALEGA DE 1909
     2.6. VOCABULARIOS E OUTROS MATERIAIS DA SOCIEDADE ARQUEOLÓXICA
     2.7. MATERIAIS DO CANCIONEIRO MUSICAL DE GALICIA
     2.7.1. Cantos
     2.7.1.1. Cantos Profanos
     2.7.1.2. Cantos Relixiosos
     2.7.2. Bailes e danzas
     2.7.3. Tocatas e curiosidades
     2.7.4. NOTAS E MATERIAIS VARIOS
     2.7.5. Textos do cancioneiro musical
     2.7.6. Música popular recollida por outros colectores
     2.7.7. VOCABULARIO E FOLKLORE DE PESCADORES
     2.7.8. CORRESPONDENCIA MUSICAL
     2.7.9. PARTITURAS DE MÚSICA CULTA
     2.8. CORRESPONDENCIA
    3. MARQUES DE CASTELAR
     3.1. EXTRACTOS E COPIAS DE DOCUMENTOS
    
    4. CASA DE ALDAO
     4.1. HISTORIA FAMILIAR E CERTIFICADOS
     4.2. DOCUMENTOS DE PROPIEDADE
    
    5. FAMILIA ALEMPARTE, OZORES, ONÍS E GARCÍA DE BARROS
     5.1. HISTORIA FAMILIAR
     5.2. DOCUMENTOS DE PROPIEDADE
    
    6. FAMILIA COUSIÑO, GOSENDE E GARCÍA DE BARROS
     6.1. HISTORIA FAMILIAR E CERTIFICADOS
    
    7. FAMILIA MACEDO, SALAZAR Y CORBALÁN
     7.1. DOCUMENTOS DE PROPIEDADE
    
    8. FAMILIA SARMIENTO DE SOTOMAYOR E VALLADARES
     8.1. XENEALOXÍA
     8.2. DOCUMENTOS DE PROPIEDADE
    
    9. COLECCIÓNS FACTICIAS
     9.1. MANUSCRITOS
     9.1.1. Extractos e copias de documentos
     9.2. IMPRESOS E ARTIGOS DE PRENSA
     9.3. FOTOGRAFÍAS

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre

  • Condicións de reprodución Reprodución libre previa solicitude por escrito do interesado, salvo manuscritos inéditos completos, pergamiños e documentos encadernados ou en mal estado.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Soporte en pergamiño e papel e en bo estado en xeral, aínda que algúns documentos están moi deteriorados.

  • Instrumentos de descrición Inventarios publicados

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece ningunha documentación asociada fóra da colección do Museo, agás a referente ó Gremio de Mareantes procedente do propio gremio e inventariada por D. Xosé Filgueira Valverde

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen copias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)

Área de control da descrición