Fondos
46/2/1. Libro do Concello de Pontevedra (1437-1463)
-
46/2/1/1. Admisión do Concello de Pontevedra nomeando os fieis para as alcabalas (1437)
-
46/2/1/2. Nomeamento do arcebispo Lope de Mendoza dos alcaldes (1437)
-
46/2/1/3. Recibimento do Concello de Juan Garçía Rouco e Lorenzo Yáñez como alcaldes (1437)
-
46/2/1/4. Nomeamento do Concello dos seus procuradores (1437)
-
46/2/1/6. Acordo do Concello sobre as posturas do ano (1437)
-
46/2/1/7. Manda que fai o Concello sobre as posturas do ano (1437)
-
46/2/1/9. Manda que fai o alcalde Lorenzo Yáñez a Juan Bieites Ramos (1437)
-
46/2/1/10. Manda que fai o Concello a Juan Bieites Ramos (1437)
-
46/2/1/11. Manda que fai o Concello de pregoar unha carta do rei don Juan II (1437)
-
46/2/1/12. Manda que fai o Concello a Juan Bieites Ramos (1437)
-
46/2/1/17. Obriga de Alfonso Sánchez de Valladolid de pagar ao Concello (1437)
-
46/2/1/18. Oferta que fai Pero de Montes de pagar por unha casa (1437)
-
46/2/1/19. Acordo que manifesta Juan García Rouco de pagar por unha casa (1437)
-
46/2/1/20. Manda do Concello para presentar unha petición ao arcebispo (1437)
-
46/2/1/22. Carta sobre o arrendamento da mordomía da vila de Pontevedra (1437)
-
46/2/1/23. Orde do Concello de Pontevedra sobre a renda "da prancha e ponte" (1437)
-
46/2/1/24. Orde do Concello de Pontevedra para tratar o asunto da mordomía (1437)
-
46/2/1/26. Seguro que fan os alcaldes, xurados e veciños a Gonzalo de Camoens (1437)
-
46/2/1/28. Carta do arcebispo Lope de Mendoza a Gonzalo de Camoens (1437)
-
46/2/1/29. Manifestación de solidaridade de Alfonso Vázquez e García Gutiérrez (1437)
-
46/2/1/30. Acordo do Concello acerca do arrendamento da mordomía a Gonzalo de Camoens (1437)
-
46/2/1/33. Acuse de recibo e comunicación do Concello (1437)
-
46/2/1/34. Manda do Concello para que se repartise marabedís vellos (1437)
-
46/2/1/35. Carta de pago que outorga o Concello a Juan Bieites Ramos (1437)
-
46/2/1/36. Seguro que fai o Concello a Rui Fernández de Cedofeita (1437)
-
46/2/1/38. Acordo do Concello polo que os procuradores do mesmo non pagasen "talla nen peyta" (1437)
-
46/2/1/40. Orde do Concello ao procurador Lopo Martínez (1437)
-
46/2/1/41. Manda do Concello ao procurador Lope Martínez (1437)
-
46/2/1/43. Acatamento do Concello das cartas de Juan II e Salomón Baquix (1437)
-
46/2/1/45. Aceptación do Concello do traspaso da mordomía de Gonzalo de Camoens (1437)
-
46/2/1/49. Condicións do Concello da renda da mordomía da vila a Gonzalo Fiel (1437)
-
46/2/1/54. Relación que presenta Gonzalo Fiel da renda de arrendamento da mordomía (1437)
-
46/2/1/59. Poder que dá o Concello ao alcalde, xurados e procuradores (1437)
-
46/2/1/60. Poder que dá o Concello ao alcalde, xurados e procuradores (1437)
-
46/2/1/62. Orde do Concello a Martin de Cavin e Fernnado Garçia (1437)
-
46/2/1/63. Xuramento que fal Álvaro González ante o Concello (1437)
-
46/2/1/68. Orde do Concello a Alfonso Yáñes de Baiona (1437)
-
46/2/1/70. Aceptación que fai o Concello de nomeamentos (1437)
-
46/2/1/71. Entrega de Gonzalo Fiel ao Concello de Gonzalo Carcacía (1437)
-
46/2/1/73. Aceptación que fai o Concello de nomeamentos (1438)
-
46/2/1/74. Aceptación que fai o Concello de nomeamentos (1438)
-
46/2/1/75. Reparto de marabedís para os servizos do arcebispo e oficios do Concello (1438)
-
46/2/1/76. Cartas de toma do arcebispo Lope de Mendoza (1438)
-
46/2/1/77. Aceptación e recibo do Concello da carta de nomeamentos (1440)
-
46/2/1/79. Nomeamento do Concello a Rui González Bragueiro e Juan de Sevilla (1440)
-
46/2/1/81. Recibimento do Concello de García Gutiérrez e Juan García como alcaldes (1440)
-
46/2/1/82. Entrega das táboas do Concello a Juan Fernández Agulla e a Juan Pérez (1440)
-
46/2/1/84. Prohibición do Concello da entrada de viño de fóra da vila (1440)
-
46/2/1/86. Aceptación do Concello de Pedro da Riba e Fernán Martínez (1440)
-
46/2/1/96. Requerimento que fan Pero Cruu, Gonzalo de Camoéns e Juan García Rouco (1440)
-
46/2/1/99. Manda que fai o Concello aos procuradores e a Juan Farina (1440)
-
46/2/1/101. Nomeamento do Concello de fieis das alcabalas para este ano (1441)
-
46/2/1/103. Entrega que fan ao Concello de Marina Alonso (1441)
-
46/2/1/104. Orde do Concello a Domingo Bonos e Juan Farina (1441)
-
46/2/1/105. Requerimento que fan Pero Ares e Juan Darna ao Concello (1441)
-
46/2/1/106. Nomeamento de cobradores que fai o Concello (1441)
-
46/2/1/108. Obriga que se fai Rui Fernández de pagar ao Concello (1441)
-
46/2/1/109. Requerimento de Gonzalo Peleteiro en nome dos mareantes da vila ao Concello (1441)
-
46/2/1/110. Testemuño de que este ano non se fixo toma nas alcabalas (1441)
-
46/2/1/112. Recepción do Concello do nomeamento a Pero Alfonso e Fernán Vázquez (1441)
-
46/2/1/113. Nomeamento do Concello a Juan Afonseo e Juan de Prol (1441)
-
46/2/1/114. Concesión do Concello a Juan Fernández Agulla e a Juan Pérez (1441)
-
46/2/1/115. Requerimento de Pero Ares de Aldán e Fernando Pérez (1441)
-
46/2/1/116. Aceptación e recibimento do Concello de nomeamentos (1442)
-
46/2/1/117. Nomeamento do Concello e dos mareantes Gonzalo Pelitero e Juan Nieto, o Calvo (1442)
-
46/2/1/118. Presentación dunha carta do arcebispo "das fieldadades" do ano (1442)
-
46/2/1/120. Preito homenaxe que fai Pero Ares de Aldaan a García Goterres (1442)
-
46/2/1/121. Recepción do Concello de Afonso Domínguez (1442)
-
46/2/1/124. Carta de toma que presenta Sancho de Burgos (1442)
-
46/2/1/126. Carta de fieldades que presenta Juan Castelao (1444)
-
46/2/1/127. Orde de expulsión que dá Suero Gómez de Sotomaior a Suero de Remirón (1444)
-
46/2/1/128. Requerimento de Suero Gómez de Sotomayor ao Concello (1444)
-
46/2/1/129. Nomeamento do Concello de fieis de alcabalas das bestas e herdades (1444)
-
46/2/1/131. Poder que outorga Pero Alonso da Silva a Fernán Pérez (1444)
-
46/2/1/132. Mandamento do Concello aos recadadores da sisa (1444)
-
46/2/1/136. Orde do Concello aos arrendadores das sisas (1444)
-
46/2/1/139. Garantía que da Pero López de Sahagun ao Concello e aos fieis de alcabalas (1444)
-
46/2/1/140. Recepción do Concello de Pero López de Sahagún (1444)
-
46/2/1/145. Oferta que fai Pero de Donas de pagar pola renda das posturas da vila (1444)
-
46/2/1/146. Recepción do Concello a Juan Alonso Chamorro (1444)
-
46/2/1/147. Seguro do Concello xunto cos procuradores da confraría do Corpo Santo (1444)
-
46/2/1/150. Requerimento que fan Rui López e Tristán ao Concello (1444)
-
46/2/1/151. Requerimento que fai Toribio González ao Concello (1444)
-
46/2/1/152. Orde do Concello para que non se traia viño de fóra (1444)
-
46/2/1/155. Encargo que fai o Concello a Fernando Vázquez (1444)
-
46/2/1/156. Manda que fai o Concello para pregoar que a partir do día de Nadal (1444)
-
46/2/1/158. Recibimento que fai o Concello de Juan Castelo (1444)
-
46/2/1/159. Recibimento que fai o Concello de Juan García Rouco (1444)
-
46/2/1/160. Carta de contrato entre o Concello e Sueiro Gómez de Soutomaior (1444)
-
46/2/1/161. Orde entregada polo Concello a Gonzalo de Camoens (1444)
-
46/2/1/162. Carta de nomeamento de fieis de alcabalas para o presente ano (1445)
-
46/2/1/163. Recibimento que fai o Concello de García Goterres e Gonzalo de Camoens (1445)
-
46/2/1/164. Nomeamento do Concello como procuradores a Fernando Vázquez e a Fernando Pérez (1445)
-
46/2/1/167. Nomeamento que fan os vigairos das confrarías da vila de Pontevedra (1445)
-
46/2/1/168. Xuramento que fan os vigairos e procuradores das confrarías da vila de Pontevedra (1445)
-
46/2/1/169. Anulación das reclamacións e testemuños de Pero López de Sahagún (1445)
-
46/2/1/170. Nomeamento que fai o arcebispo de fieis de alcabalas (1448)
-
46/2/1/171. Nomeamento que fai o arcebispo de Santiago de Fernando Ares Nugeirol (1448)
-
46/2/1/172. Nomeamento que fai o arcebispo de Santiago de Gonçalo Estévez (1449)
-
46/2/1/173. Recepción que fai Rodrigo de Luna, arcebispo de Santiago (1450)
-
46/2/1/174. Nomeamento que fai o Concello de fieis de alcabalas, alfolíns e décimos da mar (1450)
-
46/2/1/179. Recepción que fai o Concello de Pero Rodríguez e Fernán Vázquez (1451)
-
46/2/1/180. Nomeamento que fai o Concello de Juan Afonso Gago e a Juan Maçeyno (1451)
-
46/2/1/181. Traspaso que fai Gonzalo Ledo a Juan de Sevilla (1451)
-
46/2/1/182. Recepción que fai o Concello dunha carta do arcebispo Rodrigo de Luna (1451)
-
46/2/1/183. Recepción e aceptación que fai o Concello dunha carta do arcebispo (1451)
-
46/2/1/185. Excepción que outorga o arcebispo Rodrigo de Luna a curas, cregos e capeláns (1451)
-
46/2/1/186. Nomeamento que fai Rodrigo de Luna de Alfonso Vázquez Abril (1451)
-
46/2/1/188. Autoridade que dá o reitor de Santa María a Grande de Pontevedra (1452)
-
46/2/1/189. Nomeamento que fai o Concello de Pero Cruu (1452)
-
46/2/1/195. Nomeamento que fai o arcebispo Rodrigo de Luna a Jácome Maçeino (1453)
-
46/2/1/196. Nomeamento que fai o Concello dos fieis de alcabalas (1454)
-
46/2/1/197. Recepción que fai o Concello dos alcaldes (1454)
-
46/2/1/198. Nomeamento que fai o Concello a Pero Farina e Gómes de Santiago (1454)
-
46/2/1/200. Nomeamento que fai o Concello de fieis de alcabalas, alfolíns e décimos (1455)
-
46/2/1/201. Nomeamento que fai o Concello de fieis de alcabalas, alfolíns e décimos (1456)
-
46/2/1/203. Nomeamento que fai o Concello de fieis das alcabalas, décimos e alfolíns (1457)
-
46/2/1/204. Recepción que fai o Concello de alcaldes e nomeamento (1457)
-
46/2/1/205. Nomeamento que fai o Concello de fieis de alcabalas para este ano (1458)
-
46/2/1/206. Arrendamento das alcabalas a Juan de Maçeyno (1459)
-
46/2/1/209. Carta de pago que dá Álvaro de Sotomayor aos arrendadores (1460)
-
46/2/1/210. Carta do arcebispo Alonso de Fonseca nomeando a Juan Ares (1461)
-
46/2/1/211. Presentación que fai Juan Ares ao Concello (1461)
-
46/2/1/212. Recoñecemento que fai o Concello a Juan Ares (1461)
-
46/2/1/213. Nomeamento que fai o arcebispo Alonso de Fonseca a Tristán de Montenegro (1463)
Libro do Concello de Pontevedra (1437-1463)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.3.1.46/2/1
Título Libro do Concello de Pontevedra (1437-1463)
Data(s) 1437-1463 (Creación) 1437-00-00 - 1442-00-00 (Produción)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1437-1463 Libro do Concello de Pontevedra. 113 fol. ; 300 x 255 mm. Papel con enc. en pergameo. Mal estado. Rodríguez, Ángel y Millán, Isidoro: Livro do Concello de Pontevedra. Pontevedra, 1989. Sinatura : Sampedro, 2-1
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)