Fondos
46/3/22. Protocolo notarial de Vasco Fernández (1567)
-
46/3/22/3. Autorización que outorgan Pedro do Campo e Milia de Lobera a Antonio da Mijoada (1567)
-
46/3/22/4. Obriga que fai Juan de Vega de pagar a Juan Rodríguez de Lago e Sebastián Salado (1567)
-
46/3/22/5. Obriga que fai Cristóbal Orejón de pagar a Juan de Vega (1567)
-
46/3/22/6. Venda que fai Inés de Boullosa, a Estebo Dorja (1567)
-
46/3/22/8. Venda que fan os irmáns Juan e Álvaro de Padin a Pedro de Pastoriza (1567)
-
46/3/22/9. Venda que fan Toribio Castaño e a súa muller a Juan Peleteiro el mozo (1567)
-
46/3/22/10. Fretaxe entre Alexo Afonso e Antonio de Lisbona, mercador (1567)
-
46/3/22/12. Venda que fai Catalina de Camanzo a Juan Martínez, mareante, e á súa muller (1567)
-
46/3/22/13. Desembargo que fai María Enríquez ao seu fillo (1567)
-
46/3/22/14. Doazón que fai Diego González ao seu sobriño (1567)
-
46/3/22/15. Venda que fan Pedro de Regueira e a súa muller a Juan Darcos e a súa muller (1567)
-
46/3/22/16. Carta de pago que outorga Pedro Domínguez Dalemparte (1567)
-
46/3/22/17. Carta de pago que outorga Inés Besteira a Juan Morana (1567)
-
46/3/22/18. Arrendamento que fai Juan de Cabanelas a Pedro Touriño (1567)
-
46/3/22/19. Acollemento que fan Juan do Casal e Inés Douteiro (1567)
-
46/3/22/20. Licenza que solicita Juan Martínez Pedrero (1567)
-
46/3/22/22. Carta de pago que outorga San Juan Núñez ao seu sogro (1567)
-
46/3/22/23. Dote que concede Gonzalo de Barçea a Juan de Paços (1567)
-
46/3/22/24. Venda que fai Juan Peleteiro o mozo a Juan Martínez (1567)
-
46/3/22/25. Arrendamento que fai Gregorio de Agudelo a Estebo da Pena (1567)
-
46/3/22/26. Carta de pago que outorga Gregorio Douteiro (1567)
-
46/3/22/27. Venda que fai Álvaro de Balagons e a súa muller a Álvaro de Malvar o Vello (1567)
-
46/3/22/28. Troco entre Juan de Reboreda e Gonçalo do Salgueiral (1567)
-
46/3/22/29. Arrendamento que fai Juan de Reboreda a Bastián Díaz do Salgueiral (1567)
-
46/3/22/30. Venda que fai Alonso Vázquez a Marcos Bidal (1567)
-
46/3/22/31. Troco entre Gonçalvo da Barçea e Juan de San Miguel e Mayor da Barçea (1567)
-
46/3/22/33. Arrendamento que fai Alexandre de Sabariz a Álvaro Carballo (1567)
-
46/3/22/34. Poder que outorga Milia de Lobera a Cristóbal Mariño de Lobera (1567)
-
46/3/22/35. Poder que outorga Cristóbal Mariño de Lobera a Diego Feijoo (1567)
-
46/3/22/36. Venda que fai Juan de Reboreda a Alonso de Balea (1567)
-
46/3/22/37. Carta de pago que outorgan Juan da Porta e Pedro da Porta (1567)
Protocolo notarial de Vasco Fernández (1567)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.4.1.46/3/22
Título Protocolo notarial de Vasco Fernández (1567)
Data(s) 1567 (Creación) 1567 - 2018-08-31 (Produción)
Volume e soporte 53 follas, 215 x 299 mm, papel
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1567 Protocolo notarial de Vasco Fernández, referentes sobre todo ao mosteiro de Santa Clara de Pontevedra. 53 fol. de papel, 215 x 299 mm. Paxinación da época, dende o número dous. Bo estado Sinatura: Sampedro, 3-22
Ãrea de notas
Nota E09 - Otros : En todo el libro: Agujeros o roturas. Arrugas, pliegues u ondulaciones. Manchas, hongos o humedades.: 0
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)