Fondos
46/5/2. Protocolo de Domingo de Camba, notario de Redondela (1628)
-
46/5/2/1. Venda dunha herdade de Espiñeiro na aldea de Sequeiros (1628)
-
46/5/2/4. Concordia para retirarse dun preito sobre varias propiedades (1628)
-
46/5/2/6. Poder para que se poida arrendar a renda que se paga polos muíños de Gandariña (1628)
-
46/5/2/9. Nomeamento de Pedro Martínez de Parga como fiador (1628)
-
46/5/2/14. Venta dunha parte da herdade da Veiga do Mogno sita en Seoane do Caneiro (1628)
-
46/5/2/17. Venta das carreiras de terra de foro de Juan Corbalán (1628)
-
46/5/2/19. Revogación dun poder para demandar aos herdeiros de Constanza Palmeira certos bens (1628)
-
46/5/2/25. Venda da herdade da Costa da Varra sita en San Salvador de Paredes (1628)
-
46/5/2/27. Nomeamento de Juan Calvelo como tutor e curador das súas sobriñas (1628)
-
46/5/2/28. Inventario de bens que Pedro Míguez, labrador de Amoedo, deu á súa filla (1628)
-
46/5/2/31. Arrendamento da herdade dos Castiñeiros na freguesía de San Pedro de Cesantes (1628)
-
46/5/2/32. Compromiso entre Lope de Oubiña e Pedro de Oubiña para dividir uns bens (1628)
-
46/5/2/33. Venta da herdade da Latina na aldea de Asnelle (1628)
-
46/5/2/35. Foro do lugar do Pombal e as herdades da Veiga e do Campo do Moyño da Veiga (1628)
-
46/5/2/38. Poder que outorga Ana Lorenzo ao seu marido Juan Rodríguez (1628)
-
46/5/2/40. Venta por vía de "censo redimible al quitar" (1628)
-
46/5/2/42. Testamento de María das Táboas nomeando como herdeiro a Domingo das Táboas (1628)
-
46/5/2/43. Acollemento de foro da herdade da cortinadona (1628)
-
46/5/2/47. Acordo entre Pedro Álvarez e Lorenzo Casqueiro (1628)
-
46/5/2/48. Poder que outorgan as fillas de Antonio Pereira Correa ao seu pai (1628)
-
46/5/2/50. Venta que fai Domingos Vello a Juan das Táboas (1628)
-
46/5/2/53. Obriga de ir cargar sal á vila de Aveiro por conta da Real Facenda (1628)
-
46/5/2/54. Poder que outorga Constanza de Mera ao seu marido, o capitán Diego de Barros (1628)
-
46/5/2/56. Traspaso do campo da Fragueira, aforado ao mosteiro de Melón (1628)
-
46/5/2/59. Constitucións da confraría da Soidade da vila de Redondela (1628)
-
46/5/2/61. Poder outorgado para comparecer ante o bispo (1628)
-
46/5/2/65. Traspaso dun foro, dunha viña e monte na freguesía de Reboreda (1628)
-
46/5/2/68. Poder outorgado para comparecer ante as xustizas (1628)
-
46/5/2/72. Hipoteca que fai sobre os seus bens mobles e raíces Gonzalo Bouzón (1628)
-
46/5/2/73. Venta de partes dunha casa en San Sadurniño de Amoedo (1628)
-
46/5/2/74. Venta da herdade do Pereiro sita en San Pedro de Cepeda (1628)
-
46/5/2/75. Petición a Miguel de Rosende, tenente de xuíz de Redodela (1628)
-
46/5/2/77. Venta da metade da herdade do agro do Casal (1628)
-
46/5/2/78. Traspaso a escritura pública do testamento de Ana Tonel (1628)
-
46/5/2/80. Testamento de Gregorio Fragueiro, veciño de Santiago de Borbén (1628)
-
46/5/2/82. Venta dunha herdade na freguesía de Santa María de Reboreda (1628)
-
46/5/2/86. Orde que dá Juan Fajardo de Guevara, Capitán Xeral de Galicia (1628)
-
46/5/2/93. Carta de pago dos mariñeiros que van servir na Real Armada (1628)
-
46/5/2/96. Retirada que fai Dominga Rodríguez dunha débeda en favor de Juan de Cerdeiras (1628)
-
46/5/2/98. Foro perpetuo dunha casa na rúa da Carnicería, en Redondela (1628)
-
46/5/2/99. Venta dunha parte da herdade da ponte do Couto en San Cibrán de Paredes (1628)
-
46/5/2/100. Venta dunha herdade de "Catapeije" cunha renda á Casa de Soutomaior (1628)
-
46/5/2/101. Arrendamento que fai Alonso Suárez a Miguel da Ruta da herdade da Barcia (1628)
-
46/5/2/102. Foro do monte do Porto das Bestas, abaixo do cruceiro "Douteiriño" (1628)
-
46/5/2/107. Obriga de entregar a un mariñeiro que se negaba a ir servir á Real Armada (1628)
-
46/5/2/108. Testamento de Domingo López, mareante e veciño da vila de Redondela (1628)
-
46/5/2/109. Concerto para construír unha casa na vila de Redondela (1628)
-
46/5/2/110. Reconto e inventario dos bens de María da Curugueira (1628)
-
46/5/2/117. Venta que fan Gonzalo Bouzón e a súa muller, veciños de San Sadurniño de Amoedo (1628)
-
46/5/2/119. Foro que fai Baltasar Troncoso a Pedro Rodríguez (1628)
-
46/5/2/120. Testamento de Constaza Vázquez de Fontefía (1628)
-
46/5/2/127. Compromiso para apartarse dun preito por uns bens (1628)
-
46/5/2/129. Concordia para librarse dun preito por unha mellora (1628)
-
46/5/2/130. Poder outorgado para pedir contas dos réditos dun censo (1628)
-
46/5/2/131. Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628)
-
46/5/2/133. Fianza que entrega Leonardo Gil de Montaos, veciño da Vilavella de Redondela (1628)
-
46/5/2/135. Obriga de cobrar o que lle corresponda ao rei na xurisdición de Redondela (1628)
-
46/5/2/139. Obriga de utilizar unha terra como paso para carretar esterco e paínzo (1628)
-
46/5/2/140. Concerto sobre a herdanza dunha viña e casa (1628)
-
46/5/2/141. Poder outorgado para coidar unha casa terrea e horta en Redondela (1628)
-
46/5/2/143. Requerimento acerca do testamento de Pedro Casqueiro e a súa muller (1628)
-
46/5/2/144. Poder de representación en preitos e causas (1628)
-
46/5/2/145. Información e comprobación sobre o testamento de Pedro Casqueiro (1628)
-
46/5/2/146. Obriga de non reclamar ningún ben, froito ou renda (1628)
-
46/5/2/149. Poder de representación para cobrar unha renda (1628)
-
46/5/2/153. Testamento de Diego Queimalinos, mareante e veciño de Redondela (1628)
-
46/5/2/156. Traspaso do campo "Moyño" en Santa María de Reboreda (1628)
-
46/5/2/157. Testamento de Antonio García, toneleiro, veciño de Redondela (1628)
-
46/5/2/160. Poder de representación para cobrar unha débeda (1628)
-
46/5/2/162. Compromiso entre Dominga Vella e Gregorio da Hermida (1628)
Protocolo de Domingo de Camba, notario de Redondela (1628)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.4.2.46/5/2
Título Protocolo de Domingo de Camba, notario de Redondela (1628)
Data(s) 1628 (Creación) 1628-00-00 - 1628-00-00 (Produción)
Volume e soporte 387 follas, 305 x 205 mm, papel
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1628, xaneiro-decembro Protocolo notarial de Domingo de Camba, notario de Redondela. 387 fol. papel; 305x205 mm. Mal estado Sinatura: Sampedro, 5-2
Ãrea de notas
Nota E09 - Otros : CALIDAD: 484
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Redondela Protocolos notariais
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Redondela
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)