Fondos
46/6/6. Protocolos de Gerónimo Francisco de la Iglesia, notario de Redondela (1753)
-
46/6/6/10. Nomeamento de vigairo do convento da Purificación Vilavella de Redondela (1753)
-
46/6/6/12. Testamento do mariñeiro Francisco das Táboas, veciño de Redondela (1753)
-
46/6/6/17. Venta dunha coutada en Barciela, freguesía de San Nicolás de Prado en Ponteareas (1753)
-
46/6/6/22. Poder outorgado para comparecer na Real Audiencia (1753)
-
46/6/6/26. Poder de representación na defensa dunha demanda para recobrar unha herdanza (1753)
-
46/6/6/28. Testamento de Antonio de Areal, veciño e procurador de número da vila de Porriño (1753)
-
46/6/6/29. Poder de representación nun preito sobre uns bens (1753)
-
46/6/6/30. Convenio para renunciar a un preito sobre unha partición de bens (1753)
-
46/6/6/31. Testamento de Pascual Carballo, veciño de Redondela (1753)
-
46/6/6/32. Testamento de Alejandro Martínez de Soto, veciño de Redondela (1753)
-
46/6/6/35. Confirmación da venta verbal da herdade das Fontaiñas de Arriva (1753)
-
46/6/6/36. Poder de representación para defender o uso do alfolín (1753)
-
46/6/6/37. Poder de representación nun preito sobre a herdade do Cruceiro (1753)
-
46/6/6/38. Venta da parte da herdade de Esqueredo, na freguesía de Santa María do Viso (1753)
-
46/6/6/40. Poder de representación nun preito pola posesión dunhas fontes e manantiais (1753)
-
46/6/6/43. Venta por vía de "censo redimible al quitar" (1753)
-
46/6/6/45. Venta que fai o convento da Vilavella de Redondela da herdade dos Codesos (1753)
-
46/6/6/47. Venta duns bens en Santa María do Viso e en San Pedro de Cesantes (1753)
-
46/6/6/49. Testamento de Domingo de Soto, veciño da freguesía de Santa María de Reboreda (1753)
-
46/6/6/51. Venta dunha casa e viña na freguesía de Santa María de Reboreda (1753)
-
46/6/6/52. Testamento de Gregorio da Hermida, veciño da freguesía de San Paio de Moscoso (1753)
-
46/6/6/56. Venta da terceira parte da herdade do Redollo (1753)
-
46/6/6/61. Testamento de José Ventura Figueroa, presbítero, veciño da vila de Redondela (1753)
-
46/6/6/65. Poder outorgado para facer unha partición de bens (1753)
-
46/6/6/67. Poder outorgado para reclamar unha herdanza (1753)
Protocolos de Gerónimo Francisco de la Iglesia, notario de Redondela (1753)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.4.2.46/6/6
Título Protocolos de Gerónimo Francisco de la Iglesia, notario de Redondela (1753)
Data(s) 1753 (Creación) 1753-00-00 - 2019-08-30 (Produción)
Volume e soporte 117 follas, 210 x 310 mm, papel
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1753 Protocolos de Gerónimo Francisco de la Iglesia, notario de Redondela. 117 fol. de papel; 210 x 310 mm. Faltan das follas 52 a 65 Preceden ás escrituras dúas follas sen numerar cun índice dos documentos. Bo estado Sinatura: Sampedro, 6-6
Ãrea de notas
Nota Contén un índice orixinal dixitalizado na unidade documental simple 46/6/6/1
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)