Fondos
46/68/73. Borradores de cartas de Casto Sampedro (1894-1927)
Borradores de cartas de Casto Sampedro (1894-1927)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.2.8.46/68/73
Título Borradores de cartas de Casto Sampedro (1894-1927)
Data(s) 1894-1927 (Produción)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Borradores das Cartas de Sampedro sobre antecedentes artísticos: -Documentación sobre a administración do Balneario de Lierganes. -Con remitente a seu amigo, D. Paco: sobre choqueirismo e Xan Carallás. -Temas persoais con Padre Crespo. -Esculturas rupestres en Quintela. -Documentos sobre a denominación do sitio do muro, lugar do bollo que indicaba que Villavieja era da xurisdicción de Tui. E da vía romana que pasaba por ahí hasta Braga formando a cuarta vía militar. -Encargo de nombrar e invitar a dirigir a cátedra do Siglo XIII. -Parte alta e exterior de Valença do camino ao marxen do Miño que cadra frente a Igrexa de Santo Domingo de Tui. Cerca vía militar de braga dirixida A Antonio Motta. -Cardenal Martin de Herrera, arzobispo de Santiago: reparación do antiguo e histórico Santuario próximo a desaparecer. Fundar una escola no Barrio de la Virgen del Camino. -Nombramiento do “Instituto Histórico de Minho”. Obsequio de dos Tomos I e II da obra documental para a historia de Pontevedra. -Envío do Grabado de Xan Carallás. -DEbuxo do escudo do cuartel. -Datos de curiosidad local: Inscrición do fuerte do ábside, atribuciones de outros capiteis. -Bóveda da Igrexa de Redondela. -Ramiro Vieira Durán, petición do tomo de la historia de Pontevedra dedicado. -Información sobre siluetas galegas -Información sobre Mañó -Información sobre a jerga dos cantares -Imaxen de Santa Ana en piedra en referencia a Reboreda. -Traslado do Confesionario da Capilla de San Sebastián -Cruceiro do Portal de Pousadoiro de Alfaya -Información sobre o apelido O´Dpgherty -Casa dun Prego, obispo de Tui do siglo XIV, representación cos de Pontevedra -Recorte do periódico de Buenos Aires sobre “Colón Catalán” -Inscrición porta do Cementerio -Folleto “Los restos de Colón” -Fotografía de “Ponte ancho” -Carta a seu amigo D. Paco, venta do Escudo de D. Alfonso Calvelle de Mañó -Documentos sobre a música en Santiago -Información sobre a natureza de Colón -Nombres de Albedosa do Río principal e do de Villavieja, de Maceira e Arañol. -Retrato de Fonseca do siglo XVI -Imaxen en pedra de Santa Ana do siglo XVI en Coimbra atribuído o pintor Cornelius de Holanda -Retrato depositado na antiga Casa de Reboreda e da figura do fundador. -Escudo de madeira de Tui. -Replicado do altar de San Mauro -Información sobre Redondela -Envío da faixa e banda aos Maestros da Danza de Espadas, transcricións da escala de gaita e tambor coa que baila. -Envío de datos do Escudo do Abad da Capilla dos Remedios -Datos históricos sobre a lanzada Contén un directorio para uso particular de Casto Sampedro. Sinatura : Sampedro, 68-73
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)