ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36048.AM.ROS.2.GF001.F0001

  • Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

  • Data(s) 1847 - 2017 (Creación) 1849 - (Produción) - 2010 (Produción)

  • Volume e soporte 190 unidades de instalación; 1054 agrupacións documentais; 9522 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Rosal(1847-2015) O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Rosal

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    Función F0001
    1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0011.1.1.Formación e termo municipal
    SF0021.1.2. Constitución do concello
    SF0031.1.3.Pleno
    SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia
    SF0051.1.5.Xunta de goberno local
    SF0061.1.6.Comisións informativas
    SF0071.1.7.Xunta de portavoces
    SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos
    SF0091.1.9.Grupos municipais
    SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia)
    SF0111.1.11.Participación cidadá
    SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos
    SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno
    SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Rosal (Tema) (Creador)

Área de control da descrición