Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36048.AM.ROS.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1847 - 2016 (Creación)
Volume e soporte 65 unidades de instalación; 325 agrupacións documentais; 5674 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Rosal(1847-2015) O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.
Institución arquivística Arquivo municipal do Rosal
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Rosal (Tema) (Creador)