ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

2.2.6. Control de animais

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36048.AM.ROS.2.GF002.F0008.SF097

  • Título 2.2.6. Control de animais

  • Data(s) 1854 - 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 6 unidades de instalación; 59 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Rosal(1847-2015) O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Rosal

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0008
    Subfunción SF097
    2.2.6. Control de animais
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0751SF097Expediente de sanidade veterinaria
    S0752SF097 Expediente de inspección veterinaria
    S0753SF097Censos de animais
    S0754SF097Libro rexistro de epizootias
    S0755SF097Libro rexistro de matanzas domiciliarias
    S0756SF097Libro rexistro do servizo veterinario
    S0757SF097Licenza de animais potencialmente perigosos
    S0758SF097Expediente sancionador de animais
    S0759SF097Rexistro de animais potencialmente perigosos
    S0760SF097Xestión da recollida de animais abandonados

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Rosal (Tema) (Creador)

Área de control da descrición