Fondos
MARÍA CARMEN TELES 001. Retrato de estudio de muller e nena (1920)
Retrato de estudio de muller e nena (1920)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.58.MARÍA CARMEN TELES 001
Título Retrato de estudio de muller e nena (1920)
Data(s) 1920 (Creación)
Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff e copia para difundir en .jpg con marca de auga
Área de contexto
Nome do produtor Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia(1878-) Jaime de Sousa Guedes Pacheco naceu en 1878 en Freixo-de-Espada-á-Cinta, na Serra da Estrela, comarca de Tras-os-montes, en Portugal. A súa historia coñecida antes de chegar a Vigo transcorre en Ourense, onde vivía o seu irmán José de quen aprendeu o oficio da fotografía, ou cando menos con el traballou no seu estudio fotográfico durante varios anos, ata que as súas ambicións e o desexo de independencia trouxérono a Vigo, onde se asocia con Cándida Otero, que desde a morte do seu marido atendía soa a galería. A sociedade chamouse "Pacheco y Viuda de Prósperi", é de supoñer que o peso fundamental do negocio recaería sobre o mozo portugués, dado que a viúva xa era unha muller entrada en anos. En 1915 faleceu Cándida Otero, a partir dese momento o estudio fotográfico pase a ser rexentado en exclusividade por Jaime Pacheco. Con todo, Vigo era demasiado grande para que unha soa persoa atendera as necesidades de fotografar a vida que enchía as rúas. O seu sobriño Horacio foi o primeiro en chegar para axudalo a atender o negocio (1915), detrás del virá César, que máis adiante instala o seu estudo en Mondoñedo. Os fillos de Jaime Pacheco, Jaime e Alberto, o primeiro sobre todo, uníronse tamén á empresa. Unha empresa familiar na que colaboraban outros profesionais como Emilio Nogueira, Sanlés e Amoedo, que se dedicaban sobre todo, ao proceso técnico da fotografía. Jaime Pacheco (pai) foi o artífice de maioría dos retratos de estudio dos anos 20 e 30. Horacio antes e Jaime Pacheco (fillo), despois, traballaban no exterior captando os momentos estelares da historia da nosa cidade. Jaime Pacheco (pai) morreu en 1954; a súa galería herdárona os seus fillos e co tempo a súa neta, ata que pechou definitivamente en 1994, tres anos despois da venda do arquivo ao concello.
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Fotografías cedida temporalmente no 2024 por María Carmen Teles Salgado para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía en papel. Parte do significado da fotografía foi transmitido oralmente pola propietaria da mesma.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido MARÍA CARMEN TELES 001. Expediente 5043/2024 Fotografía retrato de estudio dunha muller vestida de negro e unha nena vestida de branco subida sobre un banco. Fotografía do estudio Pachecho. Década dos 1920.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de María Carmen Teles Salgado". A difusión da imaxe é libre sempre que se cite a propiedade e sempre que sexa usada con respecto hacia as persoas que nela aparecen e sen fins lucrativos.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de María Carmen Teles Salgado, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia (Tema) (Creador)