ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36009.AM.CAÑ.2.GF002.F0007.SF083.SF085

  • Título 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público

  • Data(s) 1859 - 2016 (Creación) 1859 - (Produción) - 2012 (Produción)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Cañiza(1836-2015) O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Cañiza

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF085
    2.1.5.2.Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0662SF085Expediente de obras de edificación
    S0663SF085Expediente de obras na Casa do Concello
    S0664SF085Expediente de obras en edificios municipais
    S0665SF085Expediente de obras do mercado
    S0666SF085Expediente de obras do matadoiro
    S0667SF085Expediente de obras do cemiterio
    S0668SF085Expediente de obras de instalacións deportivas
    S0669SF085Expediente de obras de centros escolares
    S0670SF085Expediente de obras de fontes e lavadoiros
    S0671SF085Expediente de obras da casa da cultura e biblioteca
    S0672SF085Expediente de obras dos centros de saúde

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Cañiza (Tema) (Creador)

Área de control da descrición