ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.2.4. Xestión de residuos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36009.AM.CAÑ.2.GF002.F0008.SF095

  • Título 2.2.4. Xestión de residuos

  • Data(s) 2000 - 2016 (Creación) 2000 - (Produción) - 2004 (Produción)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación; 16 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Cañiza(1836-2015) O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Cañiza

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0008
    Subfunción SF095
    2.2.4. Xestión de residuos
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    S0736SF095Expediente de limpeza pública
    S0737SF095Expediente de limpeza viaria
    S0738SF095Expediente de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos
    S0739SF095Rexistro de limpeza pública
    S0740SF095Clausuras de vertedoiros incontrolados de lixo
    S0741SF095Xestión do centro de tratamento de lixo. Punto Limpo
    S0742SF095Rexistro de vehículos abandonados
    S0743SF095Retirada de vehículos abandonados

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Cañiza (Tema) (Creador)

Área de control da descrición