ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.3.10. Información e defensa do consumidor

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36009.AM.CAÑ.2.GF002.F0009.SF108

  • Título 2.3.10. Información e defensa do consumidor

  • Data(s) 1999 - 2009 (Creación) 1999 - (Produción) - 2009 (Produción)

  • Volume e soporte 3 unidades de instalación; 5 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Cañiza(1836-2015) O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Cañiza

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0009
    Subfunción SF108
    2.3.10.Información e defensa do consumidor
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    S0872SF108Expediente da Oficina Municipal de información ao Consumidor
    S0873SF108Rexistro da Oficina Municipal de información ao Consumidor
    S0874SF108Arbitraxes en materia de consumo
    S0875SF108Campañas de sensibilización en materia de consumo
    S0876SF108Información ao consumidor
    S0877SF108Mediacións en materia de consumo
    S0878SF108Queixas e reclamacións sobre consumo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Cañiza (Tema) (Creador)

Área de control da descrición