ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.1. Formación e termo municipal

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36025.AM.LAM.2.GF001.F0001.SF001

  • Título 1.1.1. Formación e termo municipal

  • Data(s) 1890 - 1995 (Creación)

  • Volume e soporte 3 unidades de instalación; 11 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Lama(1836-2015) O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes. Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Lama

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF001.
    1.1.1. Formación e termo municipal
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0001SF001Expediente de cambios de capitalidade municipal
    S0002SF001Expediente de cambios de denominación municipal
    S0003SF001Expediente de deslinde de termos municipais
    S0004SF001Expediente de fusión de municipios
    S0005SF001Expediente de incorporación de termos municipais
    S0006SF001Expediente de segregación de termos municipais
    S0007SF001Inscrición no Rexistro de entidades locais
    S1057 SF001 Expediente de división do termo municipal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Lama (Tema) (Creador)

Área de control da descrición