Fondos
- F0002. 1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA 
1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36025.AM.LAM.2.GF001.F0002 
- Título 1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA 
- Data(s) 1908 - 2019 (Creación) 1946 - (Produción) - 2011 (Produción) 
- Volume e soporte 212 unidades de instalación; 1097 agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello da Lama(1836-2015) O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes. Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade. 
- Institución arquivística Arquivo municipal da Lama 
Área de contido e estrutura
- Organizació - Grupo de Función: GF001. Función F0002 1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0161.2.1. Estrutura administrativa e organigrama SF0171.2.2.Convenios SF0181.2.3.Rexistro xeral de documentos SF0191.2.4.Arquivo e xestión documental SF0201.2.5.Xestión da información e transparencia SF0211.2.6.Planificación e control de calidade SF0221.2.7.Xestión da protección de datos persoais SF0231.2.8.Xestión das comunicacións SF0241.2.9.Xestión das aplicacións TIC SF0251.2.10.Actuacións xurídico-administrativas 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello da Lama (Tema) (Creador) 
 
 