Fondos
S0932. Expediente de subvención a actividades deportivas
-
229/2. Subvención da Sociedade de Caza e Sociedade Deportiva da Lama (1979)
-
229/5. Expediente de subvención para adquisición de material deportivo (1986)
-
229/6. Expediente de subvencións da Deputación para celebracións deportivas (1989)
-
786/1. Expediente de subvencións para actividades culturais e deportivas (1992)
-
939/1. Expediente de subvención para a realización do V Campeonato Fútbol - Sala (1999)
-
786/10. Expediente de subvención para conservación de instalacións deportivas do CPAM (1994)
Expediente de subvención a actividades deportivas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36025.AM.LAM.2.GF003.F0011.SF118.S0932
Título Expediente de subvención a actividades deportivas
Data(s) 1979 - 2010 (Creación) 1979 - (Produción) - 2010 (Produción)
Volume e soporte 5 unidades de instalación; 12 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Lama(1836-2015) O concello da Lama enclávase no interior da provincia de Pontevedra, ó leste, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Beariz e Avión, Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei e Fornelos de Montes. Conta este territorio con 117 entidades de poboación dispersas en 109 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta.No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.
Institución arquivística Arquivo municipal da Lama
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Lama (Tema) (Creador)