Fondos
1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36030.AM.MON.2.GF001.F0001
Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
Data(s) 1849 - 2017 (Creación) 1854 - (Produción) - 2017 (Produción)
Volume e soporte 157 unidades de instalación; 761 agrupacións documentais; 6301 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Mondariz(1836-2015) O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.
Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).
Organizació
Grupo de Función: GF001. Función F0001 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0011.1.1.Formación e termo municipal SF0021.1.2. Constitución do concello SF0031.1.3.Pleno SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia SF0051.1.5.Xunta de goberno local SF0061.1.6.Comisións informativas SF0071.1.7.Xunta de portavoces SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos SF0091.1.9.Grupos municipais SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia) SF0111.1.11.Participación cidadá SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz (Tema) (Creador)