Fondos
SF002. 1.1.2. Constitución do concello
1.1.2. Constitución do concello
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36030.AM.MON.2.GF001.F0001.SF002
Título 1.1.2. Constitución do concello
Data(s) 1926 - 2015 (Creación)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Mondariz(1836-2015) O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.
Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0001 Subfunción SF002. 1.1.2. Constitución do concello Densenvólvese nas seguintes series: S0008SF002Expediente de constitución do Concello S0009SF002Expediente de cargos do goberno S0010SF002Expediente de cesamento de cargos do goberno S0011SF002Expediente de nomeamento de cargos do goberno S0012SF002Designación da xuíza oi xuíz de paz S0013SF002Rexistro de intereses de cargos do goberno S0014SF002Libro rexistro de membros de cargos do goberno S0015SF002Retribucións e indemnizacións de cargos públicos S0016SF002Delegación de competencias S0017SF002Moción de censura e cuestión de confianza S1054SF002Declaración de incompatibilidade de cargo público S1055SF002 Declaración de bens e actividades de cargos públicos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz (Tema) (Creador)