Fondos
ES.GA.36049.AM.SALC.2. CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (FUNCIONAL)
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36049.AM.SALC.2
Título CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (FUNCIONAL)
Data(s) 1840 - 2018 (Creación) 1851 - (Produción) - 2011 (Produción)
Volume e soporte 4005 unidades de instalación; 20364 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Salceda de Caselas(1836-2015) O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de Pontevedra, limitando cos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Porriño. Conta cunha superficie aproximada de 31 quilómetros cadrados nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación, nas que viven algo máis de cinco mil cincocentos habitantes. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes.
Institución arquivística Arquivo municipal de Salceda de Caselas
Historia arquivística A anterior casa do concello de Salceda de Caselas era unha edificación exenta, construída en 1917, integrada no núcleo urbano da vila, distribuída en baixo e planta que polas súas pequenas dimensións e pola súa insuficiencia para as esixencias actuais, obrigou a acometer a construcción dunha nova casa do concello. Iniciado este proceso nos finais do século XX e logo dun largo período de construcción dispón hoxe o concello de Salceda de Caselas dunha moderna casa do concello na mesma praza onde se atopaba a anterior, desarrollada horizontalmente ó longo dun dos laterais da mesma. Caracterízase esta construcción tanto pola súa horizontalidade como pola profusa apertura de vanos a fin de favorecer a iluminación do local. Conta o edificio con soto, baixo, pranta e aproveitamento baixo cuberta, dispóndose no mesmo as instalacións dos servicios municipais e do xulgado de paz e comunicándose con outros edificios de servizos para os cidadáns. O novo local do arquivo disponse no soto desta nova casa do concello, con acceso dende as oficinas municipais da planta baixa; ocupa unha ampla sala que ten unha estructura irregular de máis de oitenta metros cadrados e unha extraordinaria altura que supera os catro metros. Para levar a cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de oito bloques de estantería compactada e un fixo de catro ou cinco corpos cada un, distribuídos tal e como se reflicta no plano, coa posibilidade de incrementar estos equipamentos con outros dous bloques no futuro. Dispón ademais de moble ficheiro para a consulta do catálogo do propio arquivo e de mesa de traballo e consulta no mesmo local, así como ordenador e aparato deshumificador para regular a humidade ambiental. O fondo documental producido polo Concello de Salceda de recibiu no ano 1993 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servicio Técnico de Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra. Daquela, conseguiríase centralizar no local destinando a arquivo a totalidade dos fondos existentes. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de reincorporación documental, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación proposto a nivel nacional, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2014 e 2018. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Josefa Fernández Ayuso Manuela González Rey Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María Teresa Túñez Landín Iñaki Varela Pérez Carmen Touzón Fernández Isabel Couso Bravo María del Carmen Martínez Regueira Yudt Emila Hernández Terán Julio Rafael Pereira Bernárdez Roberto Rodríguez Álvarez Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián Alberto Aramburu García-Pintos Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Salustiano Ferreirós Muinelo David Vale Díaz
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O fondo corresponde na súa maior parte ó século XX, conservándose algunha documentación do século dezanove, especialmente referida á xestión económica ou ás quintas, sendo notorias, en todo caso, as perdas documentais. Este conxunto documental foi clasificado en catro grandes seccións, de acordo co novo cadro de clasificación proposto para o conxunto dos arquivos dos concellos. A sección Goberno, que inclúe, basicamente, aquela documentación xerada polos órganos persoais e colexiados do propio concello, supón algo menos do 3,5 % do total do fondo documental. Destacan os libros de actas do concello, nos que faltan os correspondentes ós primeiros anos, conservándose dende 1840, e os dos outros órganos colexiados, tales como a Comisión Municipal Permanente, completos dende 1925, agás aqueles períodos nos que non existiu este órgano. A documentación da sección Administración, referida ó propio funcionamento interno do concello, representa algo menos do 20 % do sobresaíndo polo seu volume a correspondencia, que non conserva documentos, ou a documentación referida ó patrimonio e ó persoal municipal, con testemuños, neste caso, dende 1884. Algo maior é o volume que ocupan os fondos da sección Servicios, un 30,5 % do total, entre os que destaca, como é habitual en calquera arquivo municipal, aquela documentación relacionada coa xestión e control das obras municipais ou particulares, do control das instalacións industrias e comerciais e do urbanismo, a pesar de corresponder na súa totalidade ó presente século. Destacan tamén nesta sección os padróns de habitantes e as súas alteracións dende 1857, ademais, da documentación relacionada coas quintas e recrutamentos, conservada dende 1861 e aquela referida ás eleccións e censos electorais, dende 1903. Algo menos da metade do volume documental corresponde á sección de Facenda cun 46 % do total, derivada sobre todo da elaboración e xestión dos presupostos ordinarios municipais, conservada dende 1844, aínda que soamente con certa continuidade a partir de 1925. A documentación sobre impostos e taxas ten abundantes testemuños do século dezanove, especialmente na documentación referida á contribución territorial rústica e urbana, dende 1846.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Salceda de Caselas exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración local España Galicia Pontevedra Salceda de Caselas
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Salceda de Caselas
Nome dos puntos de acceso Concello de Salceda de Caselas (Tema) (Creador)