ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (FUNCIONAL)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2

  • Título CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (FUNCIONAL)

  • Data(s) 1831 - 2017 (Creación) 1880 - (Produción) - 2017 (Produción)

  • Volume e soporte 4078 unidades de instalación; 28547 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

  • Historia arquivística A actual casa do concello, de recente cosntrucción, supón unha sensible mellora nas instalacións e equipamentos municipais, dispondo na súa concepción dun espacio adicado a arquivo municipal na planta superior, que ven a resolver unha sentida carencia dos últimos anos. Esta nova edificación intégrase nun tamén novo entorno cunha ampla praza e nunha área de novo desenvolvemento urbanístico. É unha ampla estructura, desarrollada horizontalmente, con baixo, planta e baixo cuberta, que cubre inicialmente as necesidades da entidade local. Ocupa o arquivo unha boa parte da planta superior, próxima ós noventa metros cadrados, abufardada, con deseño irregular en forma de “L”. Dispoñen estas novas instalacións dos debidos equipamentos para a súa función, de axeitadas condicións de ventilación e luminosidade, estantería metálica suficiente, ficheiros e mesas de consulta, sistemas contra incendios e porta de seguridade. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón, nos anos 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2014 e 2017, novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo o traslado ó novo local actual. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Paula Fernández Bañuelos José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Juana María López Oviedo María Herminia Martínez Pereira Manuela González Rey Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Luis Bustelo Rodríguez Ana María Vallés Castro Daniel Menéndez Rodríguez Jacobo Domínguez Pedreira Iria Chaves Moledo Isabel Balchada Bermúdez Carmen Touzón Fernández Isabel Couso Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Diego Ares Tapia Teresa Blanco Uzal Vavid Vale Díaz

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Destaca neste conxunto documental a relativa as quintas e milicias, con testemuños continuados dende 1831, que xunto coa relativa ós padróns municipais e a contribución territorial rústica supón a práctica totalidade da conservada relativa ó século dezanove. Os presupostos e contas municipais alcanzan ó ano 1886, con continuidade dende entón; as actas do Pleno soamente empezan a existir dende 1887 o que supón unha considerable lagoa informativa e perda documental.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN FUNCIONAL:
    
    1ª División de función-subfunción
    GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal
    GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello
    GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno
    GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local
    GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas
    GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros
     GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos
    GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais
    GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá
    GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos
    GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno
    GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama
    GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios
    GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos
    GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental
    GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia
    GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade
    GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais
    GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións
    GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC
    GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas
    
    GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras
    GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas
    GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos
    GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos
    GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións
    GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta
    GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial
    GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada
    GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación
    
    GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS
    GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos
    GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal
    GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo
    GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo
    GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais
    GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social
    GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento
    GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais
    GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal
    GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais
    
    GF001.F0005 PATRIMONIO
    GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens
    GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta
    GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións
    GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes
    
    GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos
    GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso
    GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento
    GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria
    GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento
    GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros
    GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións
    GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos
    GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos
    GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais
    GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva
    GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas
    GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    
    GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO
    GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico
    GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística
    GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio
    GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF084  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
    GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución
    GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína
    GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas
    
    GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
    GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais
    GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas
    GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos
    GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade
    GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais
    GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
    GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio
    GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
    GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira
    GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira
    GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal
    GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial
    GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística
    GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
    GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor
    GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte
    
    GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
    
    GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación
    GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación
    GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais
    GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares
    
    GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER
    GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais
     GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos
    GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer
    GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural
    
    GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN
    GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar
    GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios
    
    GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE
    GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde
    GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social
    GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social
    GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade
    GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios
    GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade
    
    GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
    GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas
    GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas
    GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas
    GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Salvaterra de Miño exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

Área de control da descrición