ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña (finais do 1950)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.59.TIÁN FERNÁNDEZ 024

  • Título Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña (finais do 1950)

  • Data(s) 1950 (Creación)

  • Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff e copia para difundir en .jpg con marca de auga

Área de contexto

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística Fotografía colección de Tián Fernández Otero cedida temporalmente no 2024 por Juan Migueles Fernández para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía en papel. Parte do significado das fotografías foi transmitido oralmente polo propietario da mesma e por José Ángel Gesteira Pazos.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido TIÁN FERNÁNDEZ 024. Expediente 5870/2024 Fotografía de paisaxe da marisma de Santa Mariña co mar e o viaduto. Finais da década dos 1950. Construcción recoñecidas de esquerda a dereita: casa de Sesé Fernández (onde estaba a carpintería e un taller de costura onde aprendeu a coser Manuel Pazos Cabaleiro), casa de Jaime Rubín e Adela, casa de Josefa a de Pintos, casa pequena dos Lago, varias fincas, casa veciñal onde viviron: Os Serfín Gesteira con Manuela Pazos; Chinto Míguez e Amelia Docampo; Pepe e Teresa Docampo; seguinte: casa dos Ferreira e entrada á antiga Sala de Festas Miramar. A continuación: fábrica de xabóns ERGUIRA (de Bixeredo) e á dereita de todo, a casa de Manuel Rivas en construcción. Pola parte trasera, ó fondo: a casa do patín propiedade de Manuel Pazos Lamas e Filomena Cabaleiro Cabaleiro.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Tián Fernández". A difusión da imaxe é libre sempre que se cite a propiedade e sempre que sexa usada con respecto hacia as persoas que nela aparecen e sen fins lucrativos.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Juan Migueles, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición