ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF001.F0001.SF0015

  • Título 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas

  • Data(s) 1895 - 2014 (Creación) 1895 - (Produción) - 1895 (Produción)

  • Volume e soporte 16 unidades de instalación; 28 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF015.
    1.1.15.Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0174SF01542Expediente de honras e distincións
    S0175SF01543Expediente de heráldica municipal
    S0176SF01544Expediente de irmandade entre concellos
    S0177SF01596Libro de sinaturas
    S0178SF01595Rexistro de protocolos
    S0179SF01588Expediente de protocolo
    S0180SF01589Boletín informativo e publicacións
    S0180*SF015Boletíns informativos e publicacións
    S0181SF01590Expedientes de actos públicos
    S0182SF015Axenda de cargos electos
    S0183SF01591Expediente de campañas de imaxe e promoción
    S0184SF01592Expediente de denominación, modificación e renumeración de rúas
    S0185SF01593Gabinete de prensa. Notas e resumes de prensa
    S0186SF01594Fotografías de actos públicos
    S1038SF015Celebración de cerimonias de voda civil

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición