ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

2.1.1. Planificación urbanística

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF002.F0007.SF079

  • Título 2.1.1. Planificación urbanística

  • Data(s) 1964 - 2008 (Creación)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF079.
    2.1.1.Planeamento urbanístico
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0606SF079Norma subsidiaria e complementaria de planificación urbanística
    S0607SF079Plan especial urbanístico
    S0609SF079Plan parcial de ordenación urbana
    S0611SF079Plan xeral de ordenación urbana
    S0612SF079Programa de actuación urbanística
    S0613SF079Proxectos de delimitación do solo urbano
    S0614SF079Planificación de vías pecuarias
    S0615SF079Reparcelación urbanística
    S0616SF079Recualificación do solo
    S0617SF079Plan de ordenación de recursos naturais
    S0618SF079Aprobación ou revisión de Plan xeral
    S0619SF079Modificación de Plans xeral
    S0620SF079Aprobación ou revisión de Plans parciais ou de desenvolvemento
    S0621SF079Modificación de Plans parciais ou de desenvolvemento
    S0622SF079Estudo de detalle
    S0623SF079Plan director urbanístico supramunicipal
    S0624SF079Delimitación de polígono ou unidade de actuación urbanística
    S0625SF079Reparcelación urbanística e compensación
    S0626SF079Expediente de concentración parcelaria
    S1070SF079Plan director de obras e urbanismo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición