Fondos
-
ES.GA.36050.AM.SALV.2. CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (FUNCIONAL)
S0942. Expediente de persoal docente
-
589/6. Expediente da toma de posesión da mestra provisional interina Amalia Salgado Pérez (1936)
-
588/24. Expediente da toma de posesión do mestre da escola de Meder, José Álvarez Vijande (1926)
-
588/33. Expediente da toma de posesión do mestre da escola de Leirado, Luis Mouriño Ríos (1928)
-
589/16. Expediente de reposición do mestre da escola de Lourido José Álvarez Villar (1937)
-
589/20. Expediente da xubilación do mestre da escola de Uma Enrique Barbosa (1938-1939)
-
589/31. Expediente da toma de posesión do mestre propietario da escola nacional de Uma (1939)
-
589/33. Expediente da toma de posesión do mestre da escola de As Barreiras (1940)
-
589/44. Expediente da toma de posesión do mestre da escola de Leirado, Domingo Gándara Alonso (1942)
-
590/13. Expediente da toma de posesión do mestre da escola nacional de niños de Fiolledo (1946)
-
590/14. Expediente da toma de posesión do mestre da escola nacional de Uma (1946)
-
590/25. Expediente de solicitude de Ramón Rodiño sobre abono de indemnización (1949)
Expediente de persoal docente
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF003.F0012.SF120.S0942
Título Expediente de persoal docente
Data(s) 1924 - 1978 (Creación) 1924 - (Produción) - 1978 (Produción)
Volume e soporte 3 unidades de instalación; 132 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.
Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)