Fondos
1.3.4. Contratación de servizos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM.2.GF001.F0003.SF029
Título 1.3.4. Contratación de servizos
Data(s) 1924 - 2017 (Creación) 1932 - (Produción) - 1932 (Produción)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0003 Subfunción SF029. 1.3.4.Contratación de servizos Densenvólvese nas seguintes series: S0267SF029194Contratacións de servizos S0268SF029Contratacións de servizos derivadas de acordo marco S0269SF029Contratacións de servizos por procedemento aberto S0270SF029Contratacións de servizos por procedemento aberto simplificado S0271SF029Contratacións de servizos por procedemento aberto simplificado sumario S0272SF029Contratacións de servizos por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada S0273SF029Contratacións de servizos por procedemento con diálogo competitivo S0274SF029Contratacións de servizos por procedemento de asociación para a innovación S0275SF029Contratacións de servizos por procedemento de concurso de proxectos S0276SF029Contratacións de servizos por procedemento negociado con publicidade S0277SF029Contratacións de servizos por procedemento negociado sen publicidade S0278SF029Contratacións de servizos por procedemento restrinxido S0279SF029Contratacións de servizos suxeitos a un sistema dinámico de adquisición S0280SF029Contratacións menores de servizos S0281SF029192Contratacións de consultaría e asistencia técnica
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tomiño (Tema) (Creador)