ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.850
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.6.1.7. Libros e rexistros contables

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM.2.GF001.F0006.SF055.SF062

  • Título 1.6.1.7. Libros e rexistros contables

  • Data(s) 1893 - 2014 (Creación) 1893 - (Produción) - 2014 (Produción)

  • Volume e soporte 214 unidades de instalación; 429 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF062
    1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    
    Desenvólvese nas seguintes series :
    
    S0435SF062Balances
    S0436SF062Libro de operacións
    S0437SF062Libro diarios de operacións do presuposto de gastos
    S0438SF062 Libro diarios de operacións do presuposto de ingresos
    S0439SF062Libro diarios xerais de operacións
    S0440SF062Libro maiores de conceptos non presupostarios
    S0441SF062Libro maiores de conceptos por entregas a conta de recursos
    doutros entes públicos
    S0442SF062Libro maiores de conceptos do presuposto de ingresos
    S0443SF062Libro maiores de recursos doutros entes públicos
    S0444SF062Libro rexistro xerais de tesouraría de ingresos e gastos
    S0445SF062Rexistro de facturas
    S0446SF062Rexistro de mandamentos de ingreso
    S0447SF062Rexistro de mandamentos de pagamento
    S0448SF062Rexistro de ordes de ingreso
    S0449SF062Rexistro de ordes de ingreso extrapresupostario
    S0450SF062Rexistro de ordes de pagamento
    S0451SF062Rexistro de ordes de pagamento extrapresupostario
    S0452SF062Rexistro de recadación
    S0453SF062Resumos contables
    S0454SF062Rexistro do presuposto extraordinario
    S0455SF062Rexistro do presuposto de investimentos
    S0456SF062Rexistro do orzamento adicional
    S0457SF062Libro borradores de pagamentos
    S0458SF062Libro diarios de intervención de pagamentos
    S0459SF062 Libro borradores de ingresos
    S0460SF062Libro diarios de intervención de ingresos
    S0461SF062Libro xerais de gastos
    S0462SF062Libro maiores de conceptos do presuposto de gastos
    S0463SF062Libro xerais de rendas e exaccións
    S0464SF062Libro de inventarios e balances
    S0465SF062Inventarios de fincas rústicas e urbanas, arbitrios, impostos,
    dereitos e accións municipais
    S0466SF062Libro copiadores de presupostos
    S0467SF062Libro de contas correntes para ingresos e pagamentos
    S0468SF062Libro rexistro de mandamentos de ingresos
    S0469SF062Libro rexistro de mandamentos de pagamentos
    S0470SF062Libro auxiliares
    S0471SF062Libro subauxiliares
    S0472SF062Libro especiais
    S0473SF062Libro decreto de ordenación de gastos
    S0474SF062Borrador de ingresos e gastos
    S0475SF062Libro diarios de intervención
    S0476SF062 Contas de Depositaría. Contas de caudais
    S0477SF062Contas de valores independentes e auxiliares do presuposto

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tomiño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición