Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
SF087. 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanísticas
-
S0686. Declaracións responsables e comunicacións previas de obras menores
2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanísticas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM.2.GF002.F0007.SF086.SF087
Título 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanísticas
Data(s) 1895 - 2017 (Creación) 1895 - (Produción) - 2017 (Produción)
Volume e soporte 1998 unidades de instalación; 9659 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0007 Subfunción SF087. 2.1.6.1.Licenzas e comunicacións urbanísticas Densenvólvese nas seguintes series: S0673SF087Libro rexistro de licenzas de obras S0674SF087Licenzas de corta de árbores S0675SF087Licenzas de demolicións S0676SF087Licenzas de parcelación urbanística S0677SF087Licenzas de primeira ocupación S0678SF087Licenzas de obras a particulares S0679SF087Licenzas de obras maiores S0680SF087Licenzas de obras menores S0681SF087Licenzas de obras telefónicas S0682SF087Licenzas de obras eléctricas S0683SF087Expediente de segregación de parcelasS0684SF087Caducidade, suspensión ou revogación de licenzas urbanísticas S0685SF087Modificación ou renuncia de licenzas urbanísticas S0686SF087Declaracións responsables e comunicacións S0687SF087Autorizacións de obras e usos provisionais S0688SF087Comunicacións previas urbanísticas S0689SF087Licenzas para extracción de áridos e explotación de canteira S0690SF087Licenzas por tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva S0691SF087Proxectos de vivendas de promoción pública
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tomiño (Tema) (Creador)