ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SOTOMAYOR

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.49.

  • Título SOTOMAYOR

  • Data(s) 1312-00-00 - 2018-06-06 (Produción)

  • Volume e soporte Duascentas trinta e unha caixas de arquivo. Soporte sobre todo en papel e algúns pergamiños

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Sotomayor(S.XV- S.XX) A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística Pese a que hoxe en día se atopa reunida unha boa parte do arquivo, este sufriu numerosas perdas e diseminacións. Ó Museo chegou de procedencias diferentes, sendo a parte máis voluminosa a que xuntou D. José Solla no seu pequeno museo de Arcade. Na actualidade o fondo se distribúese baixo tres denominacións diferentes que responden ós tres ingresos máis relevantes no arquivo; Sotomayor, Vega de Armijo e Solla. Na súa catalogación participaron ó longo dos anos os distintos bolseiros do Museo pero unha clasificación e tratamento conxuntos foi levado a cabo nos últimos anos por Ángela Comesaña Martínez e Mª Jesús Fortes Alén, dando lugar a un catálogo pormenorizado pendente de publicación nestes momentos

  • Forma do ingreso Os primeiros rexistros da colección remóntanse ós depósitos e doazóns de D. Raimundo Riestra en 1944, 1945 e 1953. O segundo ingreso produciuse coa compra que fixo a Deputación Provincial no 1976 da documentación que tiña D. Xosé Solla. Os últimos ingresos débense ás doazóns da familia de D. Modesto Rodríguez Figueiredo en 1981 e ós depósitos da súa viúva e fillas no ano 2000, a maioría relacionadas coa actividade política do marqués de la Vega de Armijo. Outras adquisicións en librerías e casas de poxas producíronse en 1953, 1984 e 1985. Por outra banda, con outras coleccións do arquivo chegaron documentos relacionados coa familia. Tal é o caso da Colección Sampedro ou a Mendoza Babiano, que garda numerosa información da administración das propiedades do castelo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O contido desta colección permite un amplo abanico de posibilidades. Nela atópanse os instrumentos necesarisos pra facer un estudo da estrutura xenealóxica, xurísdica e económica en torno a un prototipo de familia nobre do Antigo Réxime con orixe na Edade Media. Por outro lado, a documentación do marqués de la Vega de Armijo, sobre todo a través da correspondencia coas legacións espalladas por todo o mundo, permiten debuxar un amplo panorama da política española de finais do século XIX

  • Organizació

    1. DOCUMENTACIÓN DO ARQUIVO
     1.1. ÍNDICES DE DOCUMENTOS
    
    2. DOCUMENTACIÓN XENEALÓXICA E HERÁLDICA
     2.1. HISTORIAS MANUSCRITAS
     2.2. XENEALOXÍAS E ÁRBORES XENEALÓXICOS
     2.3. EXECUTORIAS E INFORMACIÓNS DE NOBREZA
    
    3. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     3.1. DOCUMENTOS PERSOAIS
     3.1.1. Certificados profesionais
     3.1.2. Nomeamentos e títulos
     3.1.3. Correspondencia
     3.2. DOCUMENTOS ECONÓMICOS
     3.2.1. Contas de administración doméstica
     3.2.2. Pensións e consignacións económicas
     3.3. DOCUMENTOS DE FUNCIÓN
    4. DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
     4.1. DOCUMENTOS CONSTITUTIVOS DE PROPIEDADE
     4.1.1. Cesións e doazóns
     4.1.2. Dotes
     4.1.3. Morgados
     4.1.4. Trocos e permutas
     4.1.5. Posesións de bens
     4.1.6. Renuncias e lexítimas de bens
     4.1.7. Testamentos e partillas
     4.1.8. Vendas
     4.1.9. Inventarios e relacións de bens
     4.2. DOCUMENTOS DE ADMINISTRACIÓN DE PROPIEDADE
     4.2.1. Apeos, prorrateos e deslindes
     4.2.2. Concordias, acordos e concertos
     4.2.3. Contas de administración
     4.2.4. Foros, censos e arrendamentos
     4.2.5. Obrigas
     4.2.6. Preitos por causa económica
     4.2.7. Poderes
     4.2.8. Préstamos e hipotecas
     4.2.9. Recibos, facturas e cartas de pago
     4.2.10. Curadurías
     4.2.11. Correspondencia de administración
    
    5. DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL E XURISDICCIONAL
     5.1. BULAS E PRIVILEXIOS
     5.2. DEREITOS E RENDAS CIVÍS
     5.3. TÍTULOS E NOMEAMENTOS CIVÍS
     5.4. TÍTULOS E NOMEAMENTOS ECLESIÁSTICOS
     5.5. FUNDACIÓNS E BENEFICIOS CURADOS
    
    6. MARQUÉS DE LA VEGA DE ARMIJO
     6.1. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     6.1.1. Documentos persoais
     6.1.1.1. Certificados sacramentais
     6.1.1.2. Nomeamentos, homenaxes e condecoracións
     6.1.2. Correspondencia particular
     6.2. DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
     6.2.1. Actividade política
     6.2.2. Membro da Real Academia da Historia
     6.2.3. Correspondencia profesional
     6.3. DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
     6.3.1. Constitutiva de propiedade
     6.3.2. Administración de propiedade
    
    7. CARLOS E LEOPOLDO O'DONNELL
     7.1. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     7.1.1. Documentos persoais
     7.1.1.1. Certificados sacramentais
     7.1.2. Correspondencia
     7.1.3. Documentos económicos
     7.1.4. Documentos xudiciais
     7.2. DOCUMENTACIÓN PROFESIONAL
     7.2.1. Certificados profesionais
     7.2.2. Correspondencia profesional
    
    8. MARQUESES DE AYERBE
     8.1. DOCUMENTACIÓN XENEALÓXICA
     8.2. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     8.2.1. Documentos persoais
     8.2.1.1. Certificados sacramentais
     8.2.1.2. Títulos e nomeamentos
     8.2.2. Datos económicos e patrimoniais
     8.2.3. Correspondencia
     8.3. DOCUMENTACIÓN PROFESIONAL
     8.3.1. Datos económicos
     8.3.2. Correspondencia profesional
    
    9. ENRIQUE LLURIA
     9.1. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     9.1.1. Documentos persoais
     9.1.1.1. Certificados
     9.1.2. Correspondencia
     9.1.3. Documentos económicos e patrimoniais
     9.1.4. Documentos xudiciais
     9.2. DOCUMENTACIÓN PROFESIONAL
     9.3. DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
     9.3.1. Castelo de Soutomaior
    
    10. JOSÉ SOLLA
     10.1. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     10.2. MUSEO "JOSE SOLLA"
    
    11. COLECCIÓNS FACTICIAS
     11.1. COLECCIÓN DE DOCUMENTOS
     11.1.1. Documentación individual
     11.1.1.1.Documentación individual
     11.1.1.2.Documentos económicos
     11.1.1.3.Nomeamentos e títulos
     11.1.2. Documentación de función
     11.1.3. Documentación patrimonial
     11.1.4. Correspondencia
     11.1.5. Documentos xudiciais
     11.2. DOCUMENTOS TEXTUAIS
     11.2.1. Manuscritos
     11.2.2. Impresos
     11.2.3. Periódicos e recortes de prensa
     11.3. DOCUMENTOS FIGURATIVOS
     11.3.1. Fotografías
     11.3.2. Planos
     11.3.3. Debuxos
     11.4. OBXETOS

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Libre, agás documentación en mal estado

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Soporte en papel e en pergamiño

  • Instrumentos de descrición Catálogo en papel de consulta en sala

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Sotomayor (Tema) (Creador)

Área de control da descrición