ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.137
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF001.F0006.SF069.SF074

  • Título 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público

  • Data(s) 1914 - 2016 (Creación) 2006 - (Produción) - 2012 (Produción)

  • Volume e soporte 166 unidades de instalación; 668 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF074
    1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    
    Desenvólvese nas seguintes series :
    
    S0569SF074 Anticipo de recadación doutros entes
    S0570SF074Anulación de recibos
    S0571SF074Baixa de dereitos
    S0572SF074Baixa de recibos
    S0573SF074Compensación de débedas
    S0574SF074Comunicación de recadación de tributos e sancións
    por parte de terceiros
    S0575SF074Devolución de ingresos indebidos
    S0576SF074Exención e bonificación de pagamento de taxa
    S0577SF074Exención e bonificación de pagamento de imposto
    S0578SF074Fraccionamento e adiamentos de débedas tributarias
    S0579SF074Liquidación e autoliquidación de imposto
    S0580SF074Liquidación e autoliquidación de taxa, prezo público e outros
    S0581SF074 Expediente de recadación
    S0582SF074Contas de recadación ou de xestión recadatoria
    S0583SF074Expediente de recadación fallida de impostos
    S0584SF074Expediente de premas
    S0585SF074 Rexistro de recadación
    S0586SF074Libro auxiliares de contas correntes de recadación
    S0587SF074Libro rexistro xeral de certificacións de débitos
    S0588SF074Libro rexistro xeral de expediente fallidos
    S0589SF074Libro auxiliar de recadación
    S0590SF074Relación de debedores
    S1046SF074Colaboración e delegación da xestión recadatoria
    S1047SF074Compensación de débedas
    S1048SF074Extinción da débeda por insolvencia

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición