ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36005.AM.CAL.2.GF003.F0014.SF130

  • Título 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá

  • Data(s) 1860 - 2010 (Creación) 1860 - (Produción) - 2010 (Produción)

  • Volume e soporte 51 unidades de instalación; 247 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Caldas de Reis(1836-2015) O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Caldas de Reis

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0014
    Subfunción SF130.
    3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S1015SF130Certificación de moralidade e boa conduta
    S1016SF130Expediente de denuncias
    S1017SF130Expediente de multas
    S1018SF130Expediente de tráfico
    S1019SF130Expediente da policía local e orde pública
    S1020SF130Parte de servizo da policía local
    S1021SF130Rexistro de denuncias
    S1022SF130Rexistro de multas
    S1023SF130Denuncia e infracción das ordenanzas municipais
    S1024SF130Notificacións xudiciais
    S1025SF130Declaracións de obxectos perdidos
    S1026SF130Rexistro de obxectos perdidos
    S1028SF130Rexistro do depósito de vehículos e outros bens

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Caldas de Reis (Tema) (Creador)

Área de control da descrición