Fondos
ES.GA.36060.AM.VILGAR.3. COLECCIÓN DE POSTAIS
COLECCIÓN DE POSTAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.3
Título COLECCIÓN DE POSTAIS
Data(s) 1900 - 1965 (Creación) 1905 - (Produción) - 1960 (Produción)
Volume e soporte 1 unidades de instalación con 223 postais, en papel, en cor e branco e negro.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Forma do ingreso compra, doazóns.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Postais que o Arquivo do Concello de Vilagarcía se encargou de recuperar a partir de compras e doazóns con particulares e institucións. As postais convértense nunha destacada fonte de información visual do pasado.
Organizació
Establécese unha descrición individual de cada unha das postais e imaxes que obran no Arquivo Municipal a partir dunha división por temas.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)