ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CONCELLO DE GONDOMAR (FUNCIONAL)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36021.AM.GON.2

  • Título CONCELLO DE GONDOMAR (FUNCIONAL)

  • Data(s) 1661 - 2013 (Creación) 1695 - (Produción) - 2009 (Produción)

  • Volume e soporte 3938 unidades de instalación; 30571 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Gondomar(1836-2015) O concello de Gondomar sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, principal río que discorre polo seu territorio. Limita cos concellos de Baiona, Nigrán, Porriño, Tui, Tomiño e Oia e conta cunha superficie aproximada de setenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdición eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Gondomar

  • Historia arquivística A manifesta insuficiencia espacial da casa do concello obrigou a buscar solucións alternativas para a instalación axeitada do arquivo municipal e procedeuse á adecuación da planta superior da casa da cultura. O edificio da casa da cultura, de recente construcción, atópase no centro da propia vila de Gondomar, moi próximo á casa do concello, integrado no contorno urbano e acaroado a outras edificacións. A planta superior, baixo cuberta, destinouse na súa totalidade a arquivo municipal agás un pequeno espacio que serve de almacén. O local do arquivo ten unha forma rectangular cunha superficie en forma de 108 metros cadrados. Seguindo a estructura da cuberta, conta cunha altura central de 2,70 metros e unha suave pendente que permite un aceptable aproveitamento. Recentemente foi ampliado a un novo local anexo na mesma planta da casa de cultura, debidamente remozado e equipado; asi mesmo foi necesario habilitar o uso dun local na planta baixa do edificio de urbanismo para dispor a documentación máis actual. Con elo son tres os locais que na actualidade albergan o patrimonio documental do concello de Gondomar. O fondo documental producido polo Concello de Gondomar, no decurso da súa actividade ó longo destes anos e que aínda se conservaba, recibiu no ano 1986 o tratamento técnico oportuno, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1999, 2002 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero María Esther González Correa Antonio Iglesias Pena Antonio López Bodaño Marcos Meijueiro Rey Jaime Moíño Vaamonde María Dolores Pereira Oliveira Carmen Pérez Larrán Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Inmaculada Concepción Serrano Plaza Carla Muñoz López Diego González Gómez Javier López Sáez Aida María Pérez Martínez Paula Boullosa Rodríguez Alberto Aramburu García Pintos

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo ten un considerable volume con notable continuidade na maior parte das series documentais dende o século XIX, presentando ademais un bo nivel de conservación. O conxunto documental foi clasificado en catro grandes seccións de acordo co novo cadro de clasificación proposto para o conxunto dos arquivos dos concellos. A documentación da sección GOBERNO, que inclúe a documentación xerada polos órganos persoais e colexiados do propio Concello, supón un catro por cen do total do fondo documental. Destacan especialmente os libros de actas do Concello, conservados na súa práctica totalidade dende 1837 e doutros órganos colexiados, tales como a Comisión Municipal Permanente dende 1925, ou algunhas Comisións Informativas. Teñen certo interese os regulamentos municipais dende 1906 ou a documentación relacionada coa creación e funcionamento da Entidade Local de Morgadáns. A documentación da sección ADMINISTRACIÓN, referida ó propio funcionamento interno do Concello, supón un dez por cen do total, destacando polo seu volume a correspondencia, dende 1862; os libros de rexistro, ou a documentación referida ó persoal municipal, con testemuños, neste caso dende 1879. Hai que pór de relevo as caixas con Reais Ordes, ordenadas cronoloxicamente, dende 1761 ata 1832. Moito maior volume ocupan os fondos da sección SERVIZOS, un corenta e un por cen do total, e entre estas sobresae, como é habitual en calquera arquivo municipal, aquela documentación relacionada coa xestión e control das obras municipais ou particulares, das instalacións industriais e comerciais e do urbanismo. Hai que subliñar tamén nesta sección os padróns de habitantes e as súas alteracións dende 1860; ou a documentación relacionada coas quintas e o exército, con documentos dende 1661 e eleccións dende 1817. Así mesmo, conta con copias dos Interrogatorios e do Real de Legos, incompletos, do Catastro do Marqués da Ensenada, elaborados no ano 1753 e correspondentes ás parroquias que hoxe integran o Concello. O maior volume documental corresponde á sección de FACENDA cun corenta e cinco por cen do total: destaca a relacionada coa elaboración e xestión presupostaria, conservada dende 1841 con continuidade. A documentación sobre impostos e taxas ten abundantes testemuños do século dezanove, entre os que sobresaen os libros de afanegado de 1817.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    Cadro de clasificación funcional
    
    1ª División de función-subfunción
    GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal
    GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello
    GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno
    GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local
    GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas
    GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros
     GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos
    GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais
    GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá
    GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos
    GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno
    GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama
    GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios
    GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos
    GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental
    GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia
    GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade
    GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais
    GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións
    GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC
    GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas
    
    GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras
    GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas
    GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos
    GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos
    GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións
    GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta
    GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial
    GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada
    GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación
    
    GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS
    GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos
    GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal
    GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo
    GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo
    GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais
    GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social
    GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento
    GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais
    GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal
    GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais
    
    GF001.F0005 PATRIMONIO
    GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens
    GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta
    GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións
    GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes
    
    GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos
    GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso
    GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento
    GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria
    GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento
    GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros
    GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións
    GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos
    GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos
    GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais
    GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva
    GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas
    GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    
    GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO
    GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico
    GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística
    GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio
    GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF084  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
    GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución
    GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína
    GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas
    
    GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
    GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais
    GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas
    GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos
    GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade
    GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais
    GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
    GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio
    GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
    GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira
    GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira
    GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal
    GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial
    GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística
    GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
    GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor
    GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte
    
    GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
    
    GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación
    GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación
    GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais
    GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares
    
    GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER
    GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais
     GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos
    GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer
    GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural
    
    GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN
    GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar
    GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios
    
    GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE
    GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde
    GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social
    GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social
    GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade
    GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios
    GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade
    
    GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
    GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas
    GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas
    GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas
    GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Gondomar exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

Área de control da descrición