Fondos
-
ES.GA.36061.AM.VILNOV.2. CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA (FUNCIONAL)
GF003. 3. XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
3. XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36061.AM.VILNOV.2.GF003
Título 3. XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
Data(s) 1836 - 2012 (Creación) 1881 - (Produción) - 1993 (Produción)
Volume e soporte 525 unidades de instalación; 2173 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilanova de Arousa(1836-) O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilanova de Arousa
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF003. 3- XESTIÓN DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN Densenvólvese nas seguintes funcións:: F00010 3.1.POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS F00011 3.2. SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER F00012 3.3.SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN F00013 3.4.SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE F00014 3.5.SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilanova de Arousa (Tema) (Creador)