Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36021.AM.GON.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1667 - 2012 (Creación) 1667 - (Produción) - 2012 (Produción)
Volume e soporte 52 unidades de instalación; 329 agrupacións documentais; 5547 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Gondomar(1836-2015) O concello de Gondomar sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, principal río que discorre polo seu territorio. Limita cos concellos de Baiona, Nigrán, Porriño, Tui, Tomiño e Oia e conta cunha superficie aproximada de setenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdición eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.
Institución arquivística Arquivo municipal de Gondomar
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Gondomar (Tema) (Creador)