ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.11. Participación cidadá

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36021.AM.GON.2.GF001.F0001.SF0011

  • Título 1.1.11. Participación cidadá

  • Data(s) 2003 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación; 1agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Gondomar(1836-2015) O concello de Gondomar sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, principal río que discorre polo seu territorio. Limita cos concellos de Baiona, Nigrán, Porriño, Tui, Tomiño e Oia e conta cunha superficie aproximada de setenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdición eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Gondomar

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF011.
    1.1.11.Participación cidadá
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0154SF011Consulta popular
    S0155SF011Queixa, proposta e suxestións
    S0156SF011Expediente de asociacións e entidades cidadáns
    S0157SF011Solicitude de información e acceso á documentación
    S0158SF011Acceso información de cargos públicos
    S1059SF011Traballos en beneficio da comunidade

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Gondomar (Tema) (Creador)

Área de control da descrición