ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.144
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

3.3.1. Planificación e control escolar

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36042.AM.PONARE.2.GF003.F0012.SF120

  • Título 3.3.1. Planificación e control escolar

  • Data(s) 1909 - 1998 (Creación) 1909 - (Produción) - 1998 (Produción)

  • Volume e soporte 17 unidade de instalación; 82 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ponteareas(1836-2015) O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Porriño e Mos. Ocupa unha superficie de cento dezaoito quilómetros cadrados, con duascentas vinte entidades de poboación dispersas nas súas vintecatro parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen case que vinte mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ponteareas

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0012
    Subfunción SF120.
    3.3.1.Planificación e control escolar
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0938SF120Expediente de educación
    S0939SF120Expediente de concesión de bolsas
    S0940SF120Expediente de escolarización
    S0941SF120Expediente de campañas de escolarización de adultos
    S0942SF120Expediente de persoal docente
    S0943SF120Expediente de transporte escolar
    S0944SF120Rexistro de educación
    S0945SF120Inventario de material escolar
    S0946SF120Censo escolar

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Ponteareas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición