ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Diploma concedido ao Marqués de la Vega de Armijo (1854)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.49..6.1.2.49/P1C16/24

  • Título Diploma concedido ao Marqués de la Vega de Armijo (1854)

  • Data(s) 1854 (Creación)

  • Volume e soporte 1 folla

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Sotomayor(S.XV- S.XX) A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1854, decembro, 12. Madrid Diploma concedido polo Ministro da Gobernación do Reino ao Marqués de la Vega de Armijo otorgando permiso para usar a condecoración que S.M. creou por Real Decreto de 14 de agosto de 1854. Sinatura: Planeiro1, 16-24

Área de notas

  • Nota Contén 1 selo seco

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Sotomayor (Tema) (Creador)

Área de control da descrición