ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.302
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Escrito dirixido polo Arcebispo de Valencia ao Goberno (1906)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.49..6.2.1.49/16/60

  • Título Escrito dirixido polo Arcebispo de Valencia ao Goberno (1906)

  • Data(s) 1906 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Sotomayor(S.XV- S.XX) A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1906, novembro, 6 Escrito dirixido polo Arcebispo de Valencia ao Goberno protestando da actitude adoptada polo concello da cidade e as manifestacións públicas que limitan a súa autoridade e funcións pastorais, con motivo da súa Instrucción sobre "matrimonio civil". Acompaña certificación dos acordos adoptados con tal motivo polo concello de Valencia na sesión do 6 de outubro, unha certificación do 5 de novembro e unha contestación dada ao Arzobispo de Valencia polo Presidente do Consello de Ministros, D. J. López Domínguez, datada en Madrid o 17 de novembro. Rº.- 1.628-144 Sinatura: Vega de Armijo, 2-60

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Sotomayor (Tema) (Creador)

Área de control da descrición