ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Correspondencia do Marqués de la Vega de Armijo (1872)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.49..6.2.3.49/20/69

  • Título Correspondencia do Marqués de la Vega de Armijo (1872)

  • Data(s) 1872 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Sotomayor(S.XV- S.XX) A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1872 Correspondencia entre o Comité Electoral de Conciliación de Pontevedra e o Marqués de la Vega de Armijo, referente ao apoio na súa candidatura para a elección de Diputados a Cortes. Contén carta de Victor Noboas Limeses comunicándolle a elección acompañada da acta de elección, e borrador de a carta do Marqués de la Vega de Armijo agradecendo a elección. Rº.- 4.604-8 Sinatura: Vega de Armijo, 6-69

Área de notas

  • Nota Signatura anterior: Vega de Armijo, 6-1/8

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Sotomayor (Tema) (Creador)

Área de control da descrición