ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Minuta da carta dirixida pola representación española en París ao Ministro de Estado (1874)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.49..6.2.3.49/15/52

  • Título Minuta da carta dirixida pola representación española en París ao Ministro de Estado (1874)

  • Data(s) 1874 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Sotomayor(S.XV- S.XX) A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1874, xullo, 1. París Minuta da carta dirixida pola representación española en París ao Ministro de Estado da nosa patria sobre a impresión de que a morte do Marqués del Duero non influirá na marcha da loita cos carlistas, ao ser substituido polo xeral Zabala, que se limitaría a axuda aos carlistas, necesidade de que Inglaterra e Austria restableceran as súas relacións e posibilidade de mellorar as relacións con Francia mediante o envío a Madrid dun representante da nación veciña. Rº.- 1.628-52 Sinatura: Vega de Armijo, 1-52

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Sotomayor (Tema) (Creador)

Área de control da descrición