ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Correspondencia do Marqués de la Vega de Armijo (1880-1915)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.49..6.2.3.49/185/1

  • Título Correspondencia do Marqués de la Vega de Armijo (1880-1915)

  • Data(s) 1880-1915 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Sotomayor(S.XV- S.XX) A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido [1880-1915] Correspondencia entre o Marqués de la Vega de Armijo e a Legación de España en Lisboa, entre as que se inclúe unha carta anónima denunciando ao cónsul por abuso de autoridade, acompañada do artigo “O despotismo en acçao no consulado de Hespanha em Portugal”, publicado en O Propheta. Sinatura: Solla, 161-1

Área de notas

  • Nota E01 - Página manchada: 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Sotomayor (Tema) (Creador)

Área de control da descrición