ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36042.AM.PONARE.2.GF002.F0007.SF083.SF084

  • Título 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura

  • Data(s) 1867 - 2003 (Creación) 1867 - (Produción) - 1988 (Produción)

  • Volume e soporte 173 unidades de instalación; 982 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Ponteareas(1836-2015) O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Porriño e Mos. Ocupa unha superficie de cento dezaoito quilómetros cadrados, con duascentas vinte entidades de poboación dispersas nas súas vintecatro parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen case que vinte mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Ponteareas

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF084.
    2.1.5.1.Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0651SF084Expediente de obras de titularidade autonómica ou estatal
    S0652SF084Expediente de obras veciñais subvencionadas
    S0653SF084Expediente de solicitude de inclusión de obras municipais en plans de cooperación
    S0654SF084Expediente de obras prestación persoal para a realización de obras públicas
    S0655SF084Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
    S0656SF084Expediente de obras de abastecemento de augas e rede de sumidoiros
    S0657SF084Expediente de obras de iluminación pública
    S0658SF084Expediente de obras de parques e Xardíns
    S0659SF084Expediente de obras de conservación
    S0660SF084Expediente de obras de instalación
    S0661SF084Expediente de obras de urbanización

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Ponteareas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición