ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.817
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Expedientes de obras de iluminación

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0657.24805/11

  • Título Expedientes de obras de iluminación

  • Data(s) 1965 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Obras:
    Planta do plano fotográfico da zona comprendida en Lourizán, Estribela, Praceres
    Moción para acondicionar farolas do iluminación pública Solicitude de subministro eléctrico para escolas Castelo e Berducido así como en Fragoso, Xeve.
    Impresións do alcalde co novo xerente de Fenosa
    Cambio de poste metálico colocado fronte ao Magueiro por outro de madeira
    Petición de reunión sobre mellora do alumeado aos industriais das rúas García Camba e Michelena
    Moción para adquisición de pinturas para brazos de luminarias públicas
    Reposición de liña nos establecementos Casa Dina e Casa Rache
    Denuncia de avería continuada de punto de luz en avenida de Vigo 115
    Solicitude de plano de emplazamento da zona monumental
    Colocación de punto de luz na segunda travesía da Santiña
    Solicitude de conectar á rede xeral de iluminación pública, dúas farolas na fachada do edificio 65 de Arcebispo Malvar
    Solicitude de 22 puntos de luz para o barrio de Campolongo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición